Para intentar concienciar ao alumnado no respecto que nos debemos ter como persoas, sexamos mulleres, homes, nenas ou nenos, o venres 24 de novembro conmemoramos O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Que actividades realizamos?:
- Todo o alumnado: compuxemos dous murais, un para cada edificio, e fixemos unha selección de libros con temática relacionada.
- Os alumnos de sexto de Primaria: fixeron un traballo de investigación plasmado en tres cartolinas que algúns expuxeron na biblio aos nenos e nenas de 3º, 4º e 5º e outros foron ler contos a Infantil, 1º e 2º de Primaria. Con esa información recadada gravaron un programa de radio.
- Os rapaces de 5º de Primaria gravaron un video, de guión propio, sobre os distintos tipos de violencia exercida sobre a muller. Proxectárono na biblio a 3º, 4º e 6º de Primaria. Tamén coreografiaron a canción Ni una más de Aitana, bailarona en directo e gravárona para ensinarlla ao resto do alumnado.
- Infantil: colorearon un gran lazo.
- O resto do alumnado: traballaron esta temática nas aulas e plasmárono en estupendas exposicións.
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO de Bibliochicharrón Foz
Podcast de Chicharriños nas Ondas, elaborado polo alumnado de sexto de primaria:
Ningún comentario:
Publicar un comentario