DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Conmemoramos este día dun xeito moi especial, para sensiblidizar á comunidade educativa sobre o problema que temos na sociedade, de violencia contra a muller.
O alumnado de sexto de primaria foi o encargado de organizar esta actividade. Empezaron co análise de cancións con letras machistas. Posteriormente escolleron unha delas para cambiarlle a letra, grabaron a canción coa que todo o alumnado do centro bailou e cantou ao son da mesma.
O 25 de novembro recibimos ao alumnado coa canción "E ti, só ti" do grupo El Diluvi con Sés.
Cada neno e cada mestre trouxemos complementos da cor representativa.
Diseño de Bibliochicharrón Foz
Ningún comentario:
Publicar un comentario