Como en anos anteriores, o noso Centro traballa cun "Proxecto Documental Integrado", proposto pola Biblioteca Escolar, no que participa a totalidade do claustro.
Nesta ocasión, o título elexido é "Foz, xente de aquí e de acolá". Iniciamos o traballo tentando coñecer a orixe do noso alumnado. Así, a principios de trimestre, todos os rapaces, levaron ás súas casas unha ficha de recollida de información da orixe das súas familias.
O venres 20 de decembro, xuntámonos todos na biblioteca para ver de onde proceden os nosos compañeiros. Dirixidos polo alumnado de sexto de primaria, puidemos observar a cantidade de países de procedencia do conxunto de alumnado.
Fomos marcando os lugares nun mapa que expoñeremos na entrada do colexio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario