5/03/2018

DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril, conmemoramos no Centro "O Día Internaciónal do Libro". Como ven sendo habitual, realizamos os "Apadriñamentos Lectores", onde o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria "apadriñou" a un neno (en algún caso dous) para lerlle un conto.
Á cuarta sesión da mañá, cada padriño foi buscar ao seu afillado á aula para levalo a un rincón do patio e lerlle o seu conto. Os afillados agasallaron aos seus padriños cuns marcapáxinas elaborados por eles.
Despois disto xogaron polo patio.

Resultou unha actividade moi entrañable!


































Ningún comentario:

Publicar un comentario