5/04/2017

SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS DA MARIÑA

A semana das artes plásticas da Mariña desenvolveuse entre o 7 e o 30 de abril no CENIMA, co título:

SER VISIBLES
Escoitar imaxes, retratar palabras

As autoras nesta ocasión foron todas mulleres: Cristina Basanta, Lucía Catuxo, Zili Katova, Carmen Llonín, Renata Otero, Adri Pardo, Alicia Puchades, Pilar Rei, Eva Rivas, Laly Santos e Lucía Vila.

Os distintos cursos do cole fomos visitar a exposición segundo os horarios acordados. Foi moi positiva, recolleron novas técnicas e ideas para as súas actividades plásticas directamente das charlas das distintas artistas.

Dende o CEIP de Foz queremos agradecer ao CENIMA esta exposición e animar para que continúen coordinando exposicións tan interesantes.













Ningún comentario:

Publicar un comentario