12/12/2016

SEMANA DA CONSTITUCIÓN E O ESTATUTO DE AUTONOMÍA

A semana do 5 ao 9 de decembro, nas distintas aulas traballouse sobre a "Constitución e a Autonomía Galega".
Nesta ocasión foron os rapaces de 3º e 4º os que elaboraron o traballo para expoñerllelo ao resto do cole o día 7 de decembro, despois do recreo, reunidos na biblioteca.

  •  Exposición de recursos documentais para traballar a temática a conmemorar.
  •  3º de Educación Primaria: Centraron o seu trabalo nos dereitos e deberes da infancia.
    • Lectura do conto "La carta de los deseos", no que quixeron reflexar como os dereitos da infancia non se respectan por igual en todos os países. Intentando encontrar unha solución a esto, cada neno, que representaba a un país, escribíu unha carta expresando os seus desexos e tamén os seus compromisos. A carta entregáronlla ao mandatario de cada país. 
    • Cada alumno leu a súa propia carta.
    •  Finalmente tiraron avións de papel como símbolo de transmisión do dereito que teñen polo simple feito de ser nenos: "Temos dereito a xogar con outros nenos e nenas".
  • 4º de Educación Primaria: Centraron o seu traballo na Constitución Española.
    •  Que é?
    • Cando se aprobou?
    • Distintos artigos.
    • Cada neno copiou un artigo nunha cartolina e fixo un debuxo alusivo.
    • Confeccionaron uns murais con símbolos de España, cos distintos poderes do estado,...
    • Cantaron a canción "Que canten los niños" de José Luis Perales.
  • Exposición no centro dos murais e traballos elaborados.
 







































Ningún comentario:

Publicar un comentario