ATENCIÓN A TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS DO 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA.
RECORDADE QUE O CONCURSO ESTÁ A PIQUES DE REMATAR.
TEDES TODAS AS PISTAS NA PÁXINA DO CONCURSO ASÍ COMO AS NORMAS DE ENTREGA.
MOITA SORTE A TODOS OS AVENTUREIROS!!!!!!!
12/14/2010
11/24/2010
11/18/2010
11/17/2010
11/04/2010
CONCURSO AVENTUREIROS
A partir de hoxe día 4 de novembro, dase comezo ao concurso "AVENTUREIROS". Para participar deberedes seguir as pautas neste blog, na páxina adicada ao concurso.
SORTE AVENTUREIROS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
SORTE AVENTUREIROS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
10/21/2010
I CONCURSO DE LECTURA EN VOZ ALTA "LER E ESCOITAR"
A Consellería de Educación, a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, publica hoxe no Portal Educativo a convocatoria do I Concurso de Lectura en voz alta, "LER E ESCOITAR", destinado ao alumnado de 3º Ciclo de Primaria e 1º Ciclo de ESO. O concurso terá unha primeira fase no centro e unha fase autonómica, da que sairán os finalistas da fase última do concurso que se resolverá nun acto de lectura pública. O concurso contempla as modalidades individual e de grupo. Haberá premios para as lectores e os lectores e para os centros de procedencia.
O noso cole está a participar neste concurso; como xa sabedes (os alumnos de 5º e 6º) estivemos facendo lecturas en voz alta na biblioteca (sesión de biblioteca, contacontos nos recreos...)
Como resultado xa temos a selección de alumnos que pasaron a primeira fase do concurso no centro.
Os afortunados son:
LECTURA INDIVIDUAL: LUCÍA LÓPEZ LOMBARDERO (5º).
LECTURA EN GRUPO: LUCÍA LÓPEZ LOMBARDERO (5º)
MARIÑA BARREIRO RAMOS (5º)
MARTIÑO FERNÁNDEZ XOVE (5º)
HUGO GARCÍA NIÑEZ (6º)
NURIA MEIJIDE MÉNDEZ (6º)
Texto extraído da páxina web das bibliotecas escolares
O noso cole está a participar neste concurso; como xa sabedes (os alumnos de 5º e 6º) estivemos facendo lecturas en voz alta na biblioteca (sesión de biblioteca, contacontos nos recreos...)
Como resultado xa temos a selección de alumnos que pasaron a primeira fase do concurso no centro.
Os afortunados son:
LECTURA INDIVIDUAL: LUCÍA LÓPEZ LOMBARDERO (5º).
LECTURA EN GRUPO: LUCÍA LÓPEZ LOMBARDERO (5º)
MARIÑA BARREIRO RAMOS (5º)
MARTIÑO FERNÁNDEZ XOVE (5º)
HUGO GARCÍA NIÑEZ (6º)
NURIA MEIJIDE MÉNDEZ (6º)
10/20/2010
PRIMEIRA SESIÓN DE CONTACONTOS
Os nenos de infantil e de primeiro de primaria fomos á biblioteca para escoitar o contacontos; desta volta as profes léronnos o conto de "Orellas de bolboreta", onde nos falaba dunha nena, Mara, que tiña as orellas un pouco grandes e os nenos do cole ríanse un pouco dela...
COMEZO DAS ACTIVIDADES
Un novo curso iniciamos, con moita ilusión, as actividades na biblioteca; nas primeiras sesións, todos os nenos de primaria pasaron pola biblioteca para:
- Coñecer o blog.
- Facer os novos marcadores (os que empezan novo ciclo).
- Facer uns carteles con normas de uso da biblioteca.
Coñecendo o blog
- Coñecer o blog.
- Facer os novos marcadores (os que empezan novo ciclo).
- Facer uns carteles con normas de uso da biblioteca.
AQUÍ TEDES ALGUNHAS IMAXES!!
Facendo novos marcadores
Carteis para as normas de biblioteca
9/30/2010
MOCHILAS VIAXEIRAS
9/16/2010
9/15/2010
BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2010/2011
Son eu, Don Chicharrón, acordádesvos de min?, a vosa mascota que vos acompaña nas vosas aventuras lectoras!!!!
Pois este ano tamén estarei con vós a través deste blog, para que vexades os traballos e actividades que facemos na biblioteca; ademáis ireivos amosando algunha que outra sorpresa, deberedes estar atentos!!!!!
QUE TEÑADES UN BO COMEZO E FINAL DESTE CURSO 2010 - 2011!!!!!!!
5/03/2010
4/23/2010
VENRES, 23 DE ABRIL DE 2010
DÍA DO LIBRO
"Non hai mellor fragata ca un libro para nos levar a terras afastadas"
Emily Dickinson.
Para conmemorar o día do libro no noso cole, temos preparadas unha serie de actividades, das que vos ensinaremos, en vindeiras novas con imaxes e vídeos:
- Concurso de redacción para a posterior elaboración dun libro que recolla as historias e debuxos de cada neno do centro. Darase un premio por curso.
- Visita dun contacontos ao centro, reparto de premios do concurso. (Xoves 22 de Abril de 2010)
- Acto de conmemoración no salón de celebracións para ler as historias dos gañadores, falar sobre a data de celebración deste día e lectura dun conto adaptado sobre "Don Quijote de la Mancha". (23 de Abril de 2010)
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
Neste curso iniciamos a actividade de "Contacontos na Biblioteca", organizada polas profes encargadas da biblioteca escolar.
Participan todos os nenos de Educación Infantil, vindo unha vez cada tres semanas e escoitar o conto e a elaborar unha ficha de reforzo.
Aquí van algunhas fotos dos contacontos:
OLLOBRUSCO
PÉTALA
SOPA DE NADA
A RATIÑA PRESUMIDA...
Aquí van unhas fotos que demostran o ben que o pasamos!!!!!
E despois de escoitar o conto, facemos unha ficha e vemos algún conto que nos guste; incluso os nenos de 5 anos lévano para as súas casas!
SOPA DE NADA
Como é posible facer unha sopa de nada??
Estivemos todos moi atentos, mentres as profes nos contaban o conto, e rápidamente soubemos como se facía una sopa de nada...
Que picarones eran "Xan Gato e María Raposa", claro que tamén "Xan Rato"... era un pouquiño tacaño, non?
Se ti tamén queres coñecer a historia, podela ler, atoparala no libro"Sopa de Nada" da editorial OQO; e o mellor de todo é... QUE O TEMOS NA NOSA BIBLIOTECA!!!
2/09/2010
AS MOCHILAS VIAXEIRAS
No mes de outubro empezou o programa das mochilas viaxeiras. Cada semana saen oito para as casas dos nosos alumnos, esperando que as familias disfruten da lectura en compañía; ademáis leva un caderno viaxeiro en donde todas as familias escriben e debuxan o que máis lles gustou.
Disfrutan moitísimo co programa!!!!