4/02/2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Como cada 2 de abril, celebramos o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen co Día Internacional do Libro Infantil.


Cada ano, encoméndase a unha nación a realización dun cartel e unha mensaxe que logo se traduce a todas as linguas presentes na organización. Este ano 2020 foi Eslovenia o país que realizou o cartel empregando o texto de Peter Svetina e o cartel de Damijan Stepancic.

 



Xa que estamos en cuarentena... podedes recomendar o voso libro favorito da forma que se vos ocurra (cun debuxo, unha frase, unha manualidade, un video estilo "Booktrailer", unha foto co libro...).
Despois enviádea ao correo da biblio (ceipdefozn1@gmail.com) e publicarémolo para que o podan ver todos os teus compañeiros. Animarase algún a ler o teu libro?

Tamén dicirvos que hai un concurso promovido pola asociación galega do libro infantil e xuvenil, GALIX: "Un poema na túa voz". Por se vos interesa participar...

ARTE DENDE MOITAS VENTÁS...

Da gusto ver as vosas imaxes e poder compartir un anaquiño desas vistas tan orixinais!!


Dende a ventá de Joaquín e Javier (4º e 3º primaria)
A ventá optimista



 Dende a habitación de Sofía e Andrea (5º infantil e 4º primaria)
O noso museo persoal



Coa ventá de fondo de Marina e Germán (5º e 3º primaria)
Boneca antiga



Dende a ventá de Luis (4º primaria)
Avenida Álvaro Cunqueiro



Dende a ventá de Pablo (4º primaria)
Arte pendente de construírse



Dende a ventá da profe Montse
Contrastes



Dende a ventá da profe Pepu
Dende a miña ventá vexo Hollyfoz




Dende a ventá de Lucía Villarino Lestegás
Dende esta ventá aprendo que todo é cuestión de perspectiva




Dende a ventá de Hugo Sánchez (4º primaria)
Pensativo




Dende a ventá da profe Lourdes
Esperanza




Dende a ventá de Saínza (4º primaria)
  O meu xardín



Dende a ventá de Martín e Marco (2º primaria e 6º infantil)
Vemos a arte do pastoreo



Dende a ventá de Khadija, Haajira e Fátema (1º, 4º e 6º primaria)
O parque dos meus recordos



Dende a ventá da profe Mari Luz
Preto e lonxe




Dende a ventá de Adrián, Antonio e Jara
  (1º primaria, 4º infantil e a súa gatiña)
Ollamos a arte da chuvia




Dende a ventá de Joseba (5º primaria)
Foto artística




Dende a ventá de Unai e Roi (3º primaria e 6º infantil)
Dende a nosa fiestra




Dende a ventá de Aldara (4º infantil)
Compartindo



Dende a ventá de Eneko e Aroa (2º e 5º primaria)
Creatividade na cuarentena



Dende a ventá da profe Cruz
 Sombra


Dende a ventá da profe Mar
A escola onde aprendeu a ler




Dende a ventá de Luca (6º infantil)
Unha ollada ao pasado...





Dende a ventá de Paula Campo (2º primaria)
Pensativa...















MANUALIDADES EN TEMPO DE CORENTENA

Aquí vos deixamos as fotos das manualidades tan chulas que están facendo os "MAKERS" do cole!

Adriana e Dídac (1º primaria e 4º infantil) 
Co seu pao de chuvia e maraca.



 Pablo (4º primaria)
Divertidas manualidades!
Ovos de pascua (tamén de Pablo)

 
 Alex (1º primaria)
Co seu lapiseiro dos Mínions.


 Pepu
Unha profe "maker" con moito estilo...


Marina e Germán (5º e 3º primaria)
Palmas para o Domingo de Ramos
Fixeron estas palmas para poñer na ventá o Domingo de Ramos. Para eles é un día moi especial no que xantamos todos xuntos nun merendero en Luarca e pasamos o día en familia.



Xiana Rei (3º primaria)
Ficamos na casa
Estes dias estiven debuxanxando cuns titoriais de Leandro Lamas. 
No seu facebook podes atopar moitos titoriais, a min gústanme moito os seu debuxos.
Espero que esteñades todos ben e facendo moitas cousas divertidas.










 

4/01/2020

ARTE DENDE A MIÑA VENTÁ

 Hoxe, mércores 1 de abril, conmemórase o Día das Artes Galegas. Neste ano adícase á conmemoración a Domingo Antonio de Andrade. Foi un arquitecto español e principal promotor en Galicia con ideas moi inovadoras. Estudou na universidade de Santiago de Compostela. Unha das súas obras foi a Torre do reloxo da Catedral de Santiago de Compostela.

                                         Torre Berenguela. 











 Dende a biblioteca, queriamos propoñervos unha actividade, titulada...

"ARTE DENDE A MIÑA VENTÁ" 

O que vos propoñemos é que fagades unha foto dende a vosa ventá... tentando de facelo o máis "artístico" que se vos ocurra... podedes incluír algún elemento que teñades pola casa (libro antigo, algo dalgunha das vosas viaxes, unha antigüidade...) e enviala ao noso correo electrónico ceipdefozn1@gmail.com, para publicalo no blog.

Os profes de biblio tamén temos as nosas fotos!!!! Esperamos que vos gusten e que vos animedes a participar!!

#euquedonacasa #bescolaresabertas

                               Dende a ventá de Mari Paz... Obra de arte rural de aló por mediados do XIX.

                                Dende a ventá de Juan... Burelarte...

                                         Dende a ventá de Marisa... Círculos concéntricos...

                                Dende a ventá de Noelia... Casa Indiana da familia Vilalba.

                               Dende a ventá de Andrea... Beleza en ruinas. O feísmo tamén
                                                                                forma parte da nosa contorna. 

3/31/2020

BIBLIOTECA CREATIVA: ESPAZOMAKER

Compartimos con vós este vídeo esperando que vos axude a entretervos un anaquiño vendo estes experimentos tan divertidos.

Fixeches algún experimento nestes días? Se fixeches algún ou algunha manualidade que queiras compartir con todos podes facelo, envíanos algunha foto, video... ao noso email (ceipdefozn1@gmail.com) e compartirémolo no blog.


 #Euquedonacasa #Bescolaresabertas

LIBROS DE BALDE DURANTE A CORENTENA

 Nos seguintes enlaces tedes acceso a diferentes libros en formato dixital que ofrecen distintas plataformas neste período de corentena:

A Xunta facilita as condicións de acceso á plataforma GaliciaLe que ofrece máis de 4.500 títulos de libros, revistas o películas: GaliciaLe: Plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.

EDITORIAL AIRA: De balde o novo cómic, "Carriandola" 

EDITORIAL ANAGRAMA: Cinco títulos en formato dixital gratuítos. 

PENGUIN AUDIO: Audiolibros gratis todos os xoves.

PLANETA DE LIBROS: Para adultos e peques.

OLGA DE DIOS: Permite a descarga de tres dos seus libros: LEOTOLDAEN FAMILIA e PÁJARO AMARILLO. e de debuxos para colorear

SALVAT: Contido gratuíto durante a corentena. 

APRENDICES VISUALES: Contos con pictogramas.


Esperamos que vos sirvan de axuda para entretervos nalgún momento. Ánimo... vai quedando menos!

#Euquedonacasa
#Bescolaresabertas




3/27/2020

FERMOSA POESÍA....

Queremos publicar a poesía escrita pola nosa alumna Aroa Dovale Pérez, que escribíu polo "Día da poesía". A temática que escolleu, como non... non podía ser outra!
 Encántounos Aroa! Moitas grazas pola túa colaboración!