O DÍA DO LIBRO CONMEMORÁMOLO O 23 DE ABRIL, POR QUE?
- O Dragón e a Cidade: Un enorme dragón aterrorizaba a cidade de Silca en Libia, obrigando os seus habitantes a ofrecerlle alimentos e logo persoas elixidas ao chou para calmalo.
- O Sacrificio da Princesa: O sorteo elixiu á filla do rei. Mentres ela agardaba o seu destino, apareceu o cabaleiro Jorge montado no seu cabalo branco.
- A Batalla e a Rosa: San Jorge enfrontouse á besta e matouna coa súa lanza. Do sangue do dragón brotou unha roseira con rosas vermellas, e Jorge regaloulle unha á princesa.
- Conversión: Tralo rescate, os habitantes convertéronse ao cristianismo.
- Simbolismo: Considérase unha alegoría da loita entre o ben (San Jorge/a Igrexa) e o mal (o dragón/o paganismo).
Significado Cultural: A festividade de San Jorge celébrase o 23 de abril, sendo especialmente relevante en lugares como Aragón e Cataluña (onde é tradición agasallar un libro e unha rosa), coincidindo co Día do Libro. A historia deste "santo guerreiro" inspirou innumerables obras de arte e literatura.
No cole celebrámolo de varias maneiras:
- O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, na área de Plástica compuxo un mural con "O meu libro favorito".
- O xoves 30 de abril fixemos "Os apadriñamentos lectores": o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria "apadriñou" un ou dous nenos do resto dos cursos, é dicir léronlles contos, falaron, xogaron xuntos... na cuarta sesión do día e en diferentes lugares do patio.
FOI UNHA SESIÓN DA QUE GOZAMOS MOITO!!!
- Os apadriñados ou amadriñados deseñaron marcadores de puntos de lectura para os agasallos aos seus lectores.
.jpg)


.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)





.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)







