Amosando publicacións coa etiqueta día da árbore. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da árbore. Amosar todas as publicacións

3/22/2018

DÍA DA ÁRBORE E DÍA DA POESÍA

O alumnado de Educación Infantil organizou as actividades para conmemorar o "Día da árbore" e o "Día da poesía".
Elaboraron un mural utilizando papel de periódico para facer o tronco e ramas dunha árbore. Previa a actividade diseñaron unhas plantillas de follas que repartiron polas distintas aulas de primaria para que os nenos escribisen poesías nelas.

O pasado 21 de marzo, cada curso despois do recreo, reuníronse por turnos co alumnado de Educación Infantil para ler os seus poemas e colgar as follas na árbore.












3/27/2017

DÍA DA ÁRBORE

O 24 de marzo foi o "Día da árbore". A nosa biblioteca quixo participar na plantación de tres ameneiros que envíaron ao centro. Puxémonos mans á obra e cos nosos axudantes plántamos as árbores na xardineira que a ANPA construíu no noso centro.

























 Como podedes ver, a xardineira completámola cunhas leitugas. Os nenos de cinco anos viñeron ver o resultado final.