Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro b>. Amosar todas as publicacións
2/26/2023
3/04/2021
24 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA
Na seguinte presentación podedes disfrutar dos traballos realizados para conmemorar o "Día de Rosalía".
3/21/2020
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Hoxe é o Día Mundial da Poesía. En 1998, a organización Unesco, propuxo celebrar cada 21 de marzo esta conmemoración co propósito de fortalecer a cultura no noso planeta. En Europa chamámoslle Primavera dos Poetas.
Para conmemorar este día compartimos convosco esta canción adicada á nosa Rosalía de Castro. Animámosvos a escribir un poema que podedes enviar ao enderezo da biblioteca (ceipdefozn1@gmail.com) e publicarémolo no noso blog.
Que pasedes un bo día!
#euquedonacasa #bescolaresAbertas
3/17/2020
EXPOSICIÓN 8M E ROSALÍA DE CASTRO
Estes son os materiais que tivemos expostos na nosa biblio para ler e investigar sobre Rosalía de Castro e para o 8M.
MATERIAIS 8M
ROSALÍA DE CASTRO
MATERIAIS 8M
ROSALÍA DE CASTRO
4/03/2019
CONCURSO "ROSALÍA DE CASTRO"
Aquí temos un novo programa de Radio na Biblio!
Nesta ocasión queremos dar publicidade a un concurso sobre Rosalía de Castro, proposto dende a especialidade de Lingua Extranxeira.
3º PROGRAMA: Radio Escolar - Concurso Rosalía de Castro.
Nesta ocasión queremos dar publicidade a un concurso sobre Rosalía de Castro, proposto dende a especialidade de Lingua Extranxeira.
Animámosvos a todos a escoitalo e a participar!
3º PROGRAMA: Radio Escolar - Concurso Rosalía de Castro.
2/26/2019
DÍA DE ROSALÍA
Para conmemorar o "Día de Rosalía", dende o Equipo de Biblioteca preparamos diferentes actividades donde os nosos axudantes de biblioteca foron os protagonistas.
As actividades foron as seguintes:
As actividades foron as seguintes:
ROSALÍA NA RADIO ESCOLAR:
A primeira das actividades foi a gravación dun programa especial de Radio Escolar adicado a Rosalía de Castro. Nel participaron os axudantes de sexto curso de primaria. A gravación fíxose en días previos para poder escoitalo nas distintas aulas.

Programa de Radio Escolar: http://bibliotecaescolar-ceipdefozn1.blogspot.com/2019/02/radio-escolar-programa-rosalia-de-castro.HTML
ROSALÍA NAS AULAS:
Outras das actividades consistíu na lectura, polas distintas aulas do centro, de dous poemas: "Airiños, airiños, aires" e "Adiós ríos, adiós fontes" (este último dun xeito moi especial...), cunha pequena introducción da biografía da autora. Neste caso foron os axudantes de quinto de primaria os encargados da súa realización.

ROSALÍA NA RÚA:
Finalmente, os axudantes de sexto de primaria, acudiron á rúa para realizar en directo o programa de radio, onde leron a biografía da autora e recitaron varios poemas. Ademáis estivo amenizado por un cuarteto do grupo "Andaravío" de Foz, aos que dende aquí lles damos as grazas.
2/25/2019
RADIO ESCOLAR - PROGRAMA "ROSALÍA DE CASTRO"
Os axudantes de biblioteca de 6º de Primaria, gravamos o segundo programa de Radio Escolar. Nesta ocasión adicámolo á Rosalía de Castro para conmemorar o seu nacemento.
Esperamos que vos guste!
3/05/2018
CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Para conmemorar a data adícada a Rosalía de Castro realizamos as seguintes actividades:
- "ROSALÍA NA RADIO": O venres 23 de febreiro alumnado de primeiro curso de Primaria acudíu á radio, acompañado das súas titoras, para ler poemas da autora previamente traballados na aula.
- "ROSALÍA NAS AULAS": O luns 26 de febreiro os alumnos de quinto curso de Primaria, en grupos de dous ou tres rapaces, acudiron ás aulas de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º curso de Primaria recitarlles poemas seleccionados previamente e realizar unha actividade posterior con eles.
- "ROSALÍA NA RÚA": O luns 26 de febreiro os alumnos de sexto curso de Primaria recitaron poemas seleccionados por eles, na Avenida da Mariña con acompañamento musical de Amancio Prada. A este recitado uníronse pais voluntarios con poemas seleccionados por eles.
- "ROSALÍA NO CENTRO DE DÍA": O martes 27 do mesmo mes, os alumnos de cuarto curso de Primaria seleccionaron poemas da autora, elaboraron murais e foron ilustrar aos anciáns do centro de día co traballo realizado.
3/18/2015
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O día 24 de febreiro celebrouse o
día de Rosalía de Castro. Nós tamén participamos. Catro alumnos de 6º acudiron
en directo á emisora local de radio, radio foz, a recitar poemas de Rosalía de
Castro e falar da súa persoa.
No centro propuxemos unha actividade
que consistíu en colgar no taboleiro, á vista do alumnado, a pregunta - que
sabes sobre Rosalía de Castro?, coa finalidade de fomentar a participación das
rapazas e rapaces, investigando sobre a figura da devandita escritora.
A resposta máis orixinal sería
premiada. Así foi e o premio recaeu nun alumno de 3º. Tamén lle demos un premio
á clase de 2º, polo seu alto nivel de participación.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)