Como cada 2 de abril, celebramos o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen co Día Internacional do Libro Infantil.
Cada ano, encoméndase a unha nación a realización dun cartel e unha mensaxe que logo se traduce a todas as linguas presentes na organización. Este ano 2020 foi Eslovenia o país que realizou o cartel empregando o texto de Peter Svetina e o cartel de Damijan Stepancic.
Xa que estamos en cuarentena... podedes recomendar o voso libro favorito da forma que se vos ocurra (cun debuxo, unha frase, unha manualidade, un video estilo "Booktrailer", unha foto co libro...).
Despois enviádea ao correo da biblio (ceipdefozn1@gmail.com) e publicarémolo para que o podan ver todos os teus compañeiros. Animarase algún a ler o teu libro?
Tamén dicirvos que hai un concurso promovido pola asociación galega do libro infantil e xuvenil, GALIX: "Un poema na túa voz". Por se vos interesa participar...
Ningún comentario:
Publicar un comentario