1/30/2019

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Estamos todos moi orgullosos do traballo realizado para conmemorar este día. Nada mellor e máis satisfactorio que un traballo en equipo, onde alumnos e mestres puxemos o noso gran de area para crear este Lipdub. 
Todos nos esforzamos para que saíra ben, e saíu…. de seguro que habería cousas que poderiamos mellorar pero nada como ver a emoción e a implicación dos nosos rapaces, o ben que o pasaron e o que aprenderon dun proxecto en común.

Esperamos que vos guste tanto coma a nós!


LIPDUB
 DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
fai clic no enlace




AQUÍ VAN ALGUNHAS FOTOS!

Os axudantes de biblioteca preparando a presentación: 







Presentación do acto:





Murais feitos nas distintas titorías:









 Foto final da grabación:



1/14/2019

NOVIDADES XANEIRO

Xa temos na biblio todos os libros das recomendacións de lectura para o nadal. Se non tivestes ocasión non perdades a oportunidade de disfrutar delas!!





FESTIVAL DE NADAL

O pasado 20 de decembro, para celebrar o fin do primeiro trimestre, os rapaces de 2º, 3º e 4º de Primaria prepararon unhas representacións das que disfrutamos moito todos.

Os nenos e nenas de segundo de primaria representaron a obra titulada "O lobo e os tres porquiños", aínda que nada tivo que ver co conto tradicional.... tratábase dun lobo un tanto especial!!!

O alumnado de 3º preparou unha obra moi divertida, "O casting", onde Papa Noel tiña un gran problema... estaba enfermo!!!

Finalmente, 4º curso, preparou unhas coreografías navideñas das que disfrutamos un montón!.