Para compementar a exposición da música en América, tedes aquí os enlaces aos kahoots e programa de radio:
6/17/2022
6/14/2022
Guía de lectura verán 2021/22
Coma cada mes de xuño, elaboramos unhas recomendacións lectoras para o verán. Agardamos que merquedes e leades algunhas delas e poder comentalos o vindeiro curso.
A ver se vos gustan.
O Medio Ambiente
Onte, día 13 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de Primaria xunto coas súas titoras e a mestra de Educación Física fixeron a ruta das praias, desde o cole ata Peizás para conmemorar "O día do Medio Ambiente" (5 de xuño) e "O día Mundial dos océanos" (8de xuño) para concienciar aos nenos da urxencia de manter limpo o planeta.
Levaron a merenda e recolleron lixo.
Foi unha experiencia moi interesante.
6/10/2022
Traballando no PDI "A Música"
No cole seguimos traballando no PDI "A Música". A semana vindeira remataremos.
Visita de Sabela Núñez Singala
A escritora Sabela Núñez Singala autora de "O agasallo de Anya" estivo hoxe día 10 de xuño no noso cole compartindo dúas horas co alumnado de 5º de Primaria, que previamente lera o libro.
Esperamos que vos gustara.