Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas. Amosar todas as publicacións

5/22/2026

LETRAS GALEGAS

2026 - Begoña Caamaño

No barrio vigués do Calvario nace no ano 1964 Begoña Caamaño Rascado, unha nena curiosa, rebelde e vivaz que medra nun ambiente de xogos e lecturas, de lama e asfalto, de campos e hortas nos que desenvolve as primeiras experiencias de vida que a van marcar na maneira de ver o mundo e de entendelo.

LETRAS GALEGAS 2026


Cartel elaborado no obradoiro de Imprenta creativa.


Cartel elaborado polo alumnado de Infantil

Durante o mes de maio traballamos para conmemorar AS LETRAS GALEGAS:

  • O equipo de DLG, coma cada curso, deseñou un marcador de punto de lectura para repartir a cada neno e nena e que o decoraran. Unha vez rematados, plastificáronse e leváronse ás librarías de Foz para que agasallaran ás persoas que mercaran libros en galego por estas datas:












  • Traballouse a escritora por aulas:




  • Faremos o FESTIVAL DE FIN DE CURSO



5/20/2025

LETRAS GALEGAS

AS CANTAREIRAS nas que a RAG personificou este ano a homenaxe do día das Letras Galegas son: Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). As coplas, as cantigas, toda a tradición oral, as gorxas destas mulleres e doutras moitas salvaron o Galego do inferno cando non se podía escribir.

Elas traballaban e cantaban sen cuestionar a súa fala, sen mallar nos pensamentos nin nos prexuízos. Eran sabias e sostiveron mellor que ninguén o país que somos. O galego necesita máis fala, máis vida na rúa, máis música, máis coplas, máis alegría e máis foliada que o empurre. Non hai vida se non hai lingua para cantar. 

Durante o mes de maio para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS fixemos varias actividades:

  • O alumnado de Infantil traballou as diferentes actividades propostas polo Seminario Galán.
  • O alumnado de 6º escribiu cantigas tradicionais e ilustrounas para expoñer no mural. Tamén leron as biografías das mulleres homenaxeadas e fixeron resumos das mesmas. Escoitaron variadas cantigas tradicionais. Fixeron unha escolma das actividades propostas polo Seminario Galán.
  • Na área de Plástica, as rapazas e rapaces de 4º, 5º e 6º elaboraron diferentes elementos relacionados coas cantareiras para pendurar do teito.

 


  • Montamos unha exposición recreando traxes, xoiería, instrumentos musicais...
    LETRAS GALEGAS 2025

 

  • Todo o alumnado do centro decorou marcadores de punto de lectura para repartir polas librarías locais e agasallar con eles a compra de libros. 

  • O día 16  reunímonos todo o colexio, no salón de actos:

Dúas nenas e un neno de 6º, "axudantes de biblioteca", presentaron o traballo documental sobre AS CANTAREIRAS.

VER AQUÍ  →  CANTAREIRAS

O grupo de cantareiras de Foz A SUBELA actuou no noso colexio.

 

 
 
  • No PFFP de Polos Creativos deseñaron coa cortadora laser uns imáns chulísimos para agasallar a todo o alumnado e mestres do cole.

 


 

5/27/2024

LETRAS GALEGAS 2024

 Este curso conmemoramos AS LETRAS GALEGAS elaborando por titorías os seguintes "puntos de lectura" que repartimos polas librarías da contorna para que agasallaran con un cada compra realizada a fin de semana das Letras Galegas.

Tamén se traballou por titorías a autora homenaxeada: Luísa Villalta Gómez.









Quedaron moi chulos.

5/23/2024

PODCAST - LUISA VILLALTA

 Coma todos os anos, o cole participou unha vez máis no “Concurso de Podcast Radio - na biblio”, no que vai pola súa sexta edición. O alumnado de sexto fomos os encargados da súa elaboración. Comezamos cunha investigación sobre a autora para pasar a creación do podcast no que falamos sobre Luisa Villalta Gómez. Ocorréusenos simular como se fose unha clase; así, un de nós fixo de profesora e os outros nenos de alumnos, creando un coloquio na aula centrándonos na súa vida e extensa obra.

Esperamos disfrutedes da escoita!

 





5/29/2023

LETRAS GALEGAS INFANTIL 2023

 O venres 26 de maio o alumnado de Educación Infantil, xunto cos seus mestres e mestras puido realizar o ROTEIRO DE LOURENZÁ adicado a Francisco Fernández del Riego. Viaxaron en autobús ata a vila. Aprenderon sobre a vida de Don Paco paseando polas rúas da súa infancia e viron a fachada da casa onde naceu.

Visitaron o recuncho das argalladas, un espazo lúdico cheo de xoguetes tradicionais: DON PACO PÍCARO ARGALLEIRO.

Puideron entrar no Centro de interpretación da faba e visitar "o sartego" no mosteiro de San Salvador.

Asemade, convertéronse por un tempiño en peregrinos facendo un pedaciño do Camiño Norte que pasa polo pobo, recalando no albergue ao que puideron entrar.

Remataron a xornada co xantar na vila e con xogo libre.

Un día moi ben aproveitado.

Grazas a Justi, guía, pola súa axuda y colaboración.


LETRAS GALEGAS INFANTIL de Bibliochicharrón Foz

5/19/2022

Día das Letras Galega

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o alumnado do Centro e as súas familias, escolleron palabras do noso idioma que máis lles gustaban para compoñer unha bandeira galega moi orixinal na entrada principal do colexio.

 O alumnado de Infantil elaborou outro mural adicado a Florencio Delgado Gurriagán, persoa homenaxeada este ano neste Día.

Coma o curso pasado, cada alumno decorou un marcapáxinas que repartimos entre as librarías de Foz. Éstas agasallaron con eles ás persoas que mercaron libros por estas datas.

Aquí queda o mural cos traballos realizados.

Esperamos que vos gusten.                                                 

Hecho con Padlet

6/04/2021

Xela Arias

Os traballos realacionados coa escritora homenaxeada polas Letras Galegas continuaron en datas posteriores á semana do 17 de maio. En 4º B realizaron uns caderniños coas súas investigacións.  quedaronlles preciosos.


Xela Arias de Bibliochicharrón Foz

5/18/2021

TRABALLO DOCUMENTAL POLAS LETRAS GALEGAS

 Despois de moito traballo... o alumnado de quinto de primaria agasallounos con este precioso traballo...


5/13/2021

HOMENAXEADOS POLAS LETRAS GALEGAS

 Programa de radio escolar elaborado polo alumnado de sexto de primaria no que recollen algúns dos homenaxeados polas nosas letras

Programa de radio escolar: "HOMENAXEADOS NAS LETRAS GALEGAS" 

 

EU SON XELA!

 Programa de radio adicado a Xela Arias, presentado para o "III Concurso se Podcasts - Radio na Biblio", no que participaron alumnos de 3º e 4º de Primaria.

Programa de Radio Escolar: EU SON XELA! 

 






 

 

5/12/2021

LETRAS GALEGAS 2021

Este curso o Día das Letras Galegas non puidemos celebralo con peciñas de teatro para todo o alumnado e para as familias. Traballamos nas distintas aulas e deseñamos uns marcapáxinas para que cada neno ilustrara o seu facendo fincapé no cariño pola nosa lingua.



Aquí vai unha pequena mostra do bonitos que quedaron:








 







Estes marcapáxinas, repartímolos polas librarías de Foz para que agasallen con un deles a cada persoa que merque un libro.

3/04/2021

24 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA

 Na seguinte presentación podedes disfrutar dos traballos realizados para conmemorar o "Día de Rosalía".


5/14/2020

HOMENAXE ÁS NOSAS LETRAS...

Estamos vivindo unha semana das "Letras Galegas" ben distinta á habitual no noso cole... deberiamos estár disfrutando das fantásticas pezas musicais e de teatro que levariamos preparando e ensaiando dende hai algunhas semanas.... 

A realidade é ben distinta...

Non por iso queremos deixar de homenaxear este día, esta especial semana no noso cole...

Con moito agarimo fixemos este traballo... Recomendamos que antes de iniciar a presentación poñades en funcionamento a música...


5/23/2019

LETRAS GALEGAS 2019

Os días 14, 15 e 16 de maio, como é costume no Centro, conmemoramos o Día das Letras Galegas con diversas obras de teatro interpretadas por distintos cursos. Ademáis os rapaces de sexto de primaria, previo ás obras, realizaron unha exposición na que contaron aspectos da vida e obra de Antonio Fraguas Fraguas.

As pezas teatrais foron as seguintes:

4º de Educación Infantil: Cantaron e bailaron a canción "A vaca marela".

5º de Educación Infantil: Interpretaron unha peciña de teatro titulada "As ratiñas curiosas".

6º de Educación Infantil: Deleitounos coa peza de teatro "Pardal, o paxariño que non quería aprender".

1º de Educación Primaria: Disfrutamos destes rapaces coa obra "As damas non queren ser bobas".

5º de Educación Primaria: Interpretaron a obra "Roubannos a lingua".

6º de Educación Primaria: Sorprendéronnos gratamente coa "Caixa misteriosa".

Noraboa a todos polas interpretacións, das que disfrutamos moitísimo!!!!!