Programa de "Biblioteca creativa"
Para rematar o traballo do PDI, na área de PC, Noelia e Jose xunto co alumnado de 5º, 6º divididos en sete grupos e coa colaboración de 3º e 4º de Primaria investigaron sobre os 7 museos, os sete autores e os sete cadros, deseñaron e montaron o MUSEBOT: O MISTERIO DOS 7 MUSEOS na aula de "polos creativos".
É un xogo de mesa no que se despraza un escornabot despois de lanzaren un dado e seguindo a dirección axeitada para chegar á casiña elexida.
Segundo as ilustracións das casas onde caian teñen que resolver retos relacionados co espazo maker e robótica ou escoitar audios gravados polos rapaces de 5º e 6º para adiviñar de que museo se trata. O autor poderán descubrilo resolvendo un xeroglífico e descubrirán o cadro do autor a través dun código QR.
O obxectivo é chegar á casiña do final descubrindo os 7 museos, 7 pintores e e7 pinturas acadando un agasallo individual.
Por esta aula de "Polos creativos" todos os cursos pasaron xogar, por quendas e en dúas sesións, a última semana de maio e a primeira de xuño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario