10/26/2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O día 25 de outubro conmemoramos no cole O Día das Bibliotecas.

Despois do recreo, todo o alumnado, en dúas quendas, reuniuse na biblioteca.

Nela Claudia e Breo, dous "axudantes", leron a presentación feita polo Equipo, presentaron a biblioteca, invitáronnos a facer uso dela con frecuencia e vimos tres "curtas" relacionadas co Medio Ambiente e co PDI anual.

A continuación vai unha mostra do traballo realizado:

 

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES de Bibliochicharrón Foz

 

24 de 0utubro: día das bibliotecas de Bibliochicharrón Foz

 

Agardamos que vos gustara.

10/09/2023

COIDA O TEU ENTORNO

 O venres día 6 de outubro o alumnado de Primaria e as súas mestras e mestres participaron na Limpeza Simultánea de Praias, segundo a convocatoria feita por ADEGA. Nós estivemos na Rapadoira. Un técnico de Medio Ambiente deunos unha charla de como separar o lixo correctamente, facilitáronnos bolsas e guantes e recolleron o lixo ao rematarmos.

Este curso imos traballar o Proxecto "Coida o teu entorno" e esta actividade serviu para inicialo e concienciar ao alumnado da necesidade de coñecer, coidar e manter limpo o entorno.

Foi un período de tempo moi agradable.

 




















10/03/2023

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Un curso máis as Mochilas viaxeras parten cara as casas do noso alumnado.

Alí estarán unha semana: de venres a xoves para entreter e gozar en familia.

 

 


 


 

Agardamos que vos gusten