Amosando publicacións coa etiqueta matemáticas na biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta matemáticas na biblioteca. Amosar todas as publicacións

12/10/2019

NOVIDADES NO ESPAZO MAKER

SORPRESAAAAA!!!!

 Temos o "Espazo Maker" cargadiño de xogos!!!!.

Esperamos que disfrutedes moito deles!.



12/06/2019

DIGICRAFT

Neste curso participamos nun novo proxecto "DIGICRAFT". Parte dun acordo de colaboración firmado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Fundación Vodafone.
O obxectivo da administración é introducir o carácter innovador e emprendedor nas escolas, onde escolares entre 6 e 12 anos aprendan conceptos que lles faga estar preparados para o futuro cada vez máis dixital.

No noso Centro tentamos unir a plástica coa tecnoloxía, realizando actividades tan interesantes coma as seguintes:










11/17/2019

MONTAXE DOS ESCORNABOTS

Despois de aprender a soldar unha placa base, tocou o turno da montaxe dos escornabots. Puxémonos mans á obra e... xa temos listos os nosos escornabots!















11/10/2019

ESCORNABOTS NA BIBLIO

Como xa sabedes… este ano entramos a formar parte do Proxecto "Biblioteca Creativa" dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia.

O pasado 25 de outubro, dúas mestras do Equipo de Biblioteca, acudiron a Santiago de Compostela, para recibir a primeira sesión de formación para os programas de "Biblioteca Creativa" e "Radio na biblio". E non viñemos coas mans baleiras…. trouxemos a dotación para os centros de incorporación no programa composto por catro escornabots e os materiais necesarios para a súa montaxe.

Esta semana... puxémonos mans á obra, é... co alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria montamos a placa base dos escornabots. Aprendemos a soldar con estaño e como temos que colocar as resistencias, botoeiras…. para que funcione correctamente. A vindeira semana, remataremos a súa montaxe.










4/04/2019

ESPAZO MAKER: TALLER WEDO

Durante esta semana, pasaron pola biblioteca os rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Acudiron en diferentes sesións, onde puideron disfrutar do Espazo Maker.
Nesta ocasión realizamos un "Taller wedo", no que tiveron que montar e programar este robot.