Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións

10/06/2025

CONTACONTOS

 A ANPA do noso colexio deleitounos cun contacontos, na biblioteca, o pasado venres 3 de outubro, ás 17:00 da tarde.

Os encargados desta actividade foron un alumno de 1º de Primaria, Aleixo, e a súa mamá.

MOITAS GRAZAS!!!!!!








4/22/2025

CHARO PITA - OBRADOIROS DE RADIO NA BIBLIO

 Un curso máis, como participantes no programa "Radio na Biblio", tivemos o luxo de contar con Charo Pita. Estivo dous días no centro para impartir catro obradoiros  de "Ler teatro na radio" para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, ademais de realizar unha sesión de contacontos para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria.

5º CURSO 



6º CURSO



 

3º CURSO


4º CURSO



 CONTACONTOS INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA

 


 









5/22/2023

CONTACONTOS

Hoxe, 22 de maio e por xentileza da editorial Xerais, visitounos o contacontos Benxamín para que o alumnado de Infantil, 1º e 2º gozara do seu bo facer contando historias.

Gustoulles moito.

 














3/23/2023

CONTOS NA HORA DE LER

 Desta vez as contadoras de contos foron Carmela, Ingrid e Kenya as que foron á aula de tres anos contarlles o conto "Chocolata".

Quedaron todos encantados.





3/21/2023

CONTOS NA BIBLIO

 Os días 20 e 21 de marzo, na sesión de "A hora de ler", Iria, Xiana e Ranya, coa colaboración de Cilia, Merce, Sara e Luz Aimar, escenificaron na biblio os contos "Dita y Dito van al médico" e "Te quiero abuelo" ao alumnado de Infantil.













Gustoulles moito a todos, tanto ao alumnado de Infantil como as rapazas de 6º.

Moitas grazas


12/14/2022

A APALPADORA

 O martes 13 de decembro tivemos a visita da "Apalpadora" Antía e do seu compañeiro André.

Contáronnos moitas historias interesantes, ensináronnos a coidar a natureza, saíron nenos e nenas ao escenario para facelos máis partícipes deses contos. Todo acompañado por cantigas moi interesantes.

Gozamos desta sesión por xentileza da ANPA.