6/22/2021

Fin de curso

 O Equipo de Biblioteca quere dar as grazas a toda a comunidade educativa pola súa colaboración neste curso tan atípico e, ao mesmo tempo, tan bo, superando todas as previsións iniciais.

MOITAS GRAZAS E BO VERÁN

O EQUIPO DE bIBLIOTECA

Despedida "Axudantes de Biblioteca"

 Rematamos o curso escolar e queremos agasallar aos "axudantes de biblioteca" cunha pequena mostra de agradecemento pola colaboración prestada: diploma, boli e un caderno das Bibliotecas Escolares (para 6º).

Desexamos que aos de 6º lles vaia moi ben no IES e aos de 5º agardámolos o vindeiro curso. 





6/21/2021

PROGRAMA MÚLTIPLE DE RADIO NA BIBLIO

 Aquí vai o último programa de radio escolar preparado polo alumnado de sexto de primaria. Nesta ocasión, escolleron un programa variado, onde falan de sucesos, moda, historia... 

Cada grupo elaborou o seu programa, logo de gravar, prepararon os seus audios e crearon unha plantilla na seguinte presentación interactiva.

Con este programa, queremos darlles a despedida, dicirlles que foron uns locutores fantásticos!!! Quen sabe... ao mellor dentro duns anos... temos un locutor de radio do número 1!! Sorte rapaces!


6/15/2021

TURISMO EN FOZ

 Publicamos o último dos traballos que o noso alumnado de quinto de primaria preparou para o proxecto, "Foz, xente de aquí e de acolá".

Nesta ocasión, esmeráronse moito para promocionar o noso Concello e fomentar o turismo.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!

TURISMO EN FOZ

Guía de lectura verán 2021

 A continuación deixámosvos as recomendacións lectoras para o verán.

Esperamos que non perdades o costume de ler un pouquiño cada día, aínda que esteades de vacacións.

Estamos seguros que algún destes libros vos gustará. 


GUÍA DE LECTURA PARA O VERÁN 2020/21 de Bibliochicharrón Foz

6/14/2021

RADIO NA BIBLIO: PROGRAMA DE HUMOR

Novo programa de Chicharriños nas Ondas!!!

Un programa de humor elaborado polo alumnado de quinto de primaria...

😂😂😂😂😂😂😂😂😂

 

6/10/2021

FOZ, XENTE DE AQUÍ E DE ACOLÁ

Chega o remate do curso e con el, o traballo final do noso proxecto:  

"Foz, xente de aquí e de acolá"

Durante dous cursos escolares, estivemos traballando sobre diferentes aspectos da vida das diferentes culturas do noso alumnado.

 No seguinte traballo recompilamos todo o traballo: 

 

AS PARROQUIAS DE FOZ

 Rematando os traballos do proxecto de centro "Foz, xente de aquí e de acolá", recibimos este traballo elaborado polo alumnado de sexto de primaria. Nel recollen información sobre as parroquias do Concello de Foz:

PARROQUIAS DE FOZ

6/08/2021

Medio Ambiente

 Se celebramos  O Día Mundial do Medio Ambiente é grazas á Asamblea Xeral das Nacións Unidas, no ano 1972, momento que coincide co primeiro cumio mundial sobor do Medio Ambiente: A conferencia de Estocolmo sobor do Medio Ambiente Humano.

Os obxectivos principais son sensibilizar á poboación sobre temas ambientais e a saúde dos nosos ecosistemas. É moi importante protexer o noso planeta. É imprescindible por en valor a natureza poñendo da nosa parte proxectos e iniciativas propios para lograr un futuro máis sostible.

Cal é o lema deste ano 2021? O Día Mundial do MedioAmbiente 2021céntrase na restauración de ecosistemas, xa que son o sustento da vida no planeta. O seu coidado e protección son básicos e repercuten de forma directa na saúde do planeta e nos seus habitantes.

Este ano, o país anfitrión é pakistán e planea un gran proxecto para salvar o Medio Ambiente: plantar 10.000 millóns de árbores nun prazo de 5 anos.

No noso cole tamén se traballou e investigou en relación co Medio Ambiente. Un dos exemplos é o que vai a continuación:






Ledicia Costas

 Os nenos e nenas de 3º de Primaria, co fin de preparar a videoconferencia coa escritora Ledicia Costas, elaboraron uns divertidos traballos sobre o libro Vampira de biblioteca.

Agardamos que vos gusten!!!


Vampira de biblioteca de Marisa Docobo

RECEITAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ

Seguimos vendo o resultado do traballo realizado polo noso alumnado e os seus mestres. Nesta ocasión, achégannos unhas receitas estupendas, de aquí e de acolá polo alumnado de 3º e 4º de Primaria. 
 
Animádesvos con algunha??? Teñen moi boa pinta...😋
 
RECEITAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ de Marisa Docobo

6/07/2021

FESTAS DO NOSO POBO

 Precioso traballo elaborado polo alumnado de Educación Infantil, onde dentro do contexto do proxecto de centro "Foz, xente de aquí e de acolá" quixeron amosar o máis preto a eles... as festas do noso pobo. 

Así nos agasallaron con este precioso vídeo... 

AS FESTAS DO NOSO POBO

LENDAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ

 E seguen a chegar os traballos finais do noso proxecto "Foz, xente de aquí e de acolá".... agora é o alumnado de 1º e 2º de Primaria o que nos agasalla con lendas de aquí e de acolá. 

 Esperemos que disfrutedes coa lectura!!😀

 LENDAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ

 

6/06/2021

CUÑA PUBLICITARIA DE FOZ

Enmarcado no proxecto documental integrado do centro "Foz, xente de aquí e de acolá", publicamos o programa de radio escolar titulado "Cuña publicitaria de Foz".

Nesta ocasión, o alumnado de quinto de primaria, elaborou este programa co que tamén participamos no "III Concurso de Podcasts -  Radio na Biblio".




6/04/2021

Contacontos Benxamin

 Este xoves 3 de xuño estivo Benxamin no noso Centro. Agasallou coas súas historias ao alumnado de Infantil. Ëstas decorounas con varias caricaturas dos pícaros.

Quedaron encantados e riron mogollón.


















Ledicia Costas

 O mércores 2 de xuño, a escritora Ledicia Costas visitou on line ao alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria.

Leron os libros "Escarlatina, a cociñeira defunta", "A señorita Buble", "Vampira de biblioteca" e algúns tamén "Os minimortos".

Ledicia Costas Álvarez é unha escritora viguesa autora dunha variada literatura infantil e xuvenil moi interesante.

Ten unha obra para adultos titulada "Infamia" que merece a pena lela.

Os rapaces gozaron moito con ela e fixéronlle unha manchea de preguntas.










Xela Arias

Os traballos realacionados coa escritora homenaxeada polas Letras Galegas continuaron en datas posteriores á semana do 17 de maio. En 4º B realizaron uns caderniños coas súas investigacións.  quedaronlles preciosos.


Xela Arias de Bibliochicharrón Foz

5/18/2021

O ESPAZO MAKER COLABORANDO CO HORTO ESCOLAR

Os maiores do cole, quixemos axudar aos máis pequenos co traballo que están a facer no horto escolar. Preparámoslles algunhas actividades no Espazo Maker da biblio, para que aprendan moito máis!

Os rapaces de cuarto de primaria elaboramos un panel para xogar cos escornabots e un kahoot para divertirse un montón.

Ademáis... en quinto de primaria, deseñamos carteis para imprimir coa impresora 3D, así poderán identificar as verduras, froitas e hortalizas que están a plantar.

Esperamos que disfrutedes moito con este agasallo!

ENLACE - KAHOOT "HORTO ESCOLAR"

PIN KAHOOT: 09932365

 

PANEIS PARA ESCORNABOTS:



CARTEIS PLURILINGÜES:



TRABALLO DOCUMENTAL POLAS LETRAS GALEGAS

 Despois de moito traballo... o alumnado de quinto de primaria agasallounos con este precioso traballo...


A EIRUGA COMELLONA

Co fin de promover a integración das linguas mediante a metodoloxía CLIL e vincular os proxectos de plurilingüismo con outros proxectos de centro, decidimos programar unha actividade implicando a todo o alumnado do centro.

Dende a Biblioteca, como elemento dinamizador, plantexouse a actividade para todo o alumnado. A idea foi a de contar un sinxelo conto incorporando os distintos idiomas que as familias teñen como lingua materna, atendendo así á diversidade lingüística e cultural, e compartilo en todas as aulas de Educación Infantil e Primaria, realizando diversas actividades de comprensión sobre o mesmo.

A EIRUGA COMELLONA / THE VERY HUNGRY CATERPILLAR

 

5/13/2021

HOMENAXEADOS POLAS LETRAS GALEGAS

 Programa de radio escolar elaborado polo alumnado de sexto de primaria no que recollen algúns dos homenaxeados polas nosas letras

Programa de radio escolar: "HOMENAXEADOS NAS LETRAS GALEGAS" 

 

EU SON XELA!

 Programa de radio adicado a Xela Arias, presentado para o "III Concurso se Podcasts - Radio na Biblio", no que participaron alumnos de 3º e 4º de Primaria.

Programa de Radio Escolar: EU SON XELA! 

 






 

 

5/12/2021

LETRAS GALEGAS 2021

Este curso o Día das Letras Galegas non puidemos celebralo con peciñas de teatro para todo o alumnado e para as familias. Traballamos nas distintas aulas e deseñamos uns marcapáxinas para que cada neno ilustrara o seu facendo fincapé no cariño pola nosa lingua.



Aquí vai unha pequena mostra do bonitos que quedaron:








 







Estes marcapáxinas, repartímolos polas librarías de Foz para que agasallen con un deles a cada persoa que merque un libro.