Amosando publicacións coa etiqueta bibliotecas escolares solidarias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bibliotecas escolares solidarias. Amosar todas as publicacións

5/13/2024

VISITA Á ESCOLA INFANTIL GALIÑA AZUL

 O xoves 9 de maio o alumnado de 6º de Primaria visitou á rapazada da Escola Infantil. Alí xogaron, contaron contos, merendaron e compartiron actividades en grupos de 4 ou 5 persoas, rotando polos distintos espazos.

Foi un pracer visitalos e grazas por tan boa acollida.

 
















 


4/26/2024

COLABORACIÓN CON CENTROS DA CONTORNA: IES DE FOZ

Hoxe, 26 de abril, visitounos un grupo de rapaces e rapazas, algúns exalumnos e exalumnas,  do IES de Foz dirixidos pola súa profe de Música,  para deleitar ao noso alumnado cun concerto teatralizado.

Gustounos moito.

Moitas grazas.












4/23/2024

COÑECE E COIDA O TEU ENTORNO: FLORA E FAUNA

 A principios do segundo trimestre enviamos ás familias unha nota pedíndolles fotos de flora e/ou fauna da contorna para poder coñecela un pouco máis e así valorala e coidala.

A resposta que tivemos foi xenial, moitas fotos nos enviaron!!!!!.

Con elas decidimos montar un libro xigante coa axuda dos axudantes de biblioteca.

A continuación vémolos traballando e concentrados na labor.









Rematamos a montaxe do libro xigante coas fotos enviadas polas familias do noso alumnado.

Expoñémolo no recibidor do colexio. 

Quedou xenial, gústanos moito e pensamos na posibilidade de compartilo con outros centros da contorna.

 






 

3/22/2024

VISITA RESIDENCIA TERCEIRA IDADE

 O venres 15 de marzo o alumnado de 5º de Primaria, xunto coa súa titora, visitou a Residencia e Centro de Día da Terceira Idade de Foz para compartir dúas horas de lecer coas persoas maiores e coas súas coidadoras.

Gustounos moito e grazas ao persoal da Residencia por permitirnos compartir dúas horas con eles.

 


 












 

VISITA RESIDENCIA E CENTRO DE DÍA de Bibliochicharrón Foz