12/23/2022

FESTIVAL FIN DE TRIMESTRE

 O xoves 22 de decembro recuperamos o noso tradicional festival de despedida do 1º trimestre. Despois do parón por mor do covid, ilusionados por volvernos xuntar e por poder compartir, tanto cos compañeiros coma coas familias, eses traballos que preparamos con tanta ilusión.

É tempo de Nadal. Papá Noel, os Reis Magos e mesmo o Apalpador estanse a preparar para visitar as nosas casas, que están engalanadas con abetos, grilandas, luces, beléns...

As mesas énchense de postres navideños, de bebidas espumosas...

Este espíritu navideño invadiu o xoves o noso cole, coándose nas obras que se interpretaron.

O alumnado de 5º de Infantil deleitounos cantando a canción "Está llegando el invierno".

O alumnado de 3º e 4º de Primaria divertíronnos coa obra "A postal de Nadal".

Os alumnos de 6º B escenificaron a obra "Vaia Noiteboa" e a rapazada de 6A, con música e bailes, puxeron punto final.

Agardamos que gozárades moito con eles.

Boas vacacións e bo comezo de ano 2023.


FESTIVAL FIN 1º TRIMESTRE de Bibliochicharrón Foz

12/21/2022

O INVERNO

 Chegou o inverno ao cole e con el o Nadal: murais, corredores, ventás, aulas, agasallos para as casa...

Mirade que bonito!!!!!!


INVERNO 2022 de Bibliochicharrón Foz

GUÍA DE LECTURA NADAL 2022

Ésta é a guía de lecturas recomendadas para éstas vacacións.

Agardamos que sexan do voso agrado.

 

GUÍA DE LECTURA NADAL 2022 de Bibliochicharrón Foz

12/19/2022

A MULLER NA CIENCIA

 Durante o mes de novembro, para conmemorar o mes da Ciencia, estivemos recompilando información de mulleres que destacaron na  Ciencia, tamén daquelas que traballan e teñen titulacións relacionadas con este campo e son familiares dalgún membro da nosa Comunidade Educativa - nais, tías, avoas, fillas...

Con toda a información elaboramos un mural titulado "AS NOSAS MULLERES", un "ABECEDARIO" doutras mulleres destacadas e un "Panel de xogo" para os escornabots.

Esperamos que vos guste o seguinte video.

AS NOSAS MULLERES NA CIENCIA 

 E as fotos tamén






12/16/2022

OS MONUMENTOS DO "CAMIÑO": A BASÍLICA DE SAN MARTIÑO

 Hoxe, 16 de decembro, o alumnado de 1º, 2º e 5º de Primaria visitaron a basílica de San Martiño. Alí estaba Silvia que lles fixo unha visita guiada moi axeitada, facendo referencia a cuestións históricas, arquitectónicas, de pintura....

Tamén visitaron a fonte de A Zapata, a carón da basílica. Aquí foi a mestra Lourdes a que os ilustrou sobre a súa lenda.

Esta viaxe para coñecer un pouco máis a nosa contorna foi por xentileza da ANPA.

 





E un anaquiño da súa Historia: A basílica de San Martiño

12/14/2022

A APALPADORA

 O martes 13 de decembro tivemos a visita da "Apalpadora" Antía e do seu compañeiro André.

Contáronnos moitas historias interesantes, ensináronnos a coidar a natureza, saíron nenos e nenas ao escenario para facelos máis partícipes deses contos. Todo acompañado por cantigas moi interesantes.

Gozamos desta sesión por xentileza da ANPA.












12/12/2022

IGUALDADE

 Continuando co programa de IGUALDADE da ANPA o alumnado de 5º de Primaria readaptou uns contos clásicos e foron contarllos aos nenos e nenas da Escola de Educación Infantil de Foz, A Galiña Azul.

Todos os nenos quedaron encantadísimos.

Os tres osos 

Os porquiños


IGUALDADE NA GALIÑA AZUL de Bibliochicharrón Foz

12/06/2022

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

 O día 20 de novembro celebrouse o DÍA MUNDIAL DA INFANCIA e o alumnado de 6º de Infantil fixo este mural tan chulo.

Canto traballastes!!!!!!!


DÍA MUNDIAL DA INFANCIA de Bibliochicharrón Foz

12/05/2022

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, elaboramos un mural no que participou todo o alumnado do cole decorando cadansúa bolboreta, baixo o eslogán "Diferentes no seu voo pero co mesmo dereito a voar". Seguidamente o alumnado de 5º e 6º de Primaria foron polas aulas contarlles uns contos aos nenos e proxectarlles unhas curtas relacionadas coa Discapacidade.

Finalmente Marisol Bravos, mestra xubilada e persoa con discapacidade, veu dar unha charla ao alumnado de 5º e 6º.

Unhas exalumnas e  unha nai de Alfoz, colexio onde ela exerceu varios anos, enviáronlle dous videos de agradecemento pola súa amabilidade, atención, cariño, dedicación, bo facer...

Marisol publicou no seu Facebook o agradecemento ao cole polo emotivo día. Grazas, Marisol! 

Quedamos encantados.

VIDEO: DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

 

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE de Bibliochicharrón Foz