2/26/2024

PODCAST - ANIMAIS DA RÍA DE FOZ

 Nós, os alumnos e alumnas de sexto Carla, Emily, Afaf e Amine, fixemos este podcast falando dos animais que habitan na Ría de Foz, como as aves, os peixes, os moluscos...

Para a investigación contamos coa axuda da mestra Lourdes que nos informou sobre os animais máis característicos da Ría. Ademáis fixémolo para completar e colaborar no Proxecto de Centro, "Coida a túa contorna".




PODCAST - A MÚSICA

 Os alumnos e alumnas de sexto de primaria Claudia, Noa, Martín e Eneko, elaboramos este podcast sobre a música no cal falamos sobre o Rock, o Jazz, a Música Clásica, o Soul, o House e o Pop. 

Esperamos que vos guste!




PODCAST - A INFLACIÓN NO PAÍS

Nós, alumnos e alumnas de sexto de primaria Adam, Breo, Eva e Lidia, elaboramos este podcast onde investigamos sobre a inflación no país. Entre outras cousas falamos sobre a subida de prezos especialmente en alimentación.




2/15/2024

CARNAVAL 2024

 ISTO É FOZ E AQUÍ HAI CARNAVAL!!!!!!!!

Durante a semana do 5 de febreiro fixemos nas aulas antifaces, gorros, carautas e todo tipo de adornos relacionados co entroido para decorar o cole e para disfrazarnos nós.

Por xentileza de Cultura do Concello de Foz, o xoves 8 de febreiro visitounos a charanga Brassica Rapa. Bailamos e divertímonos na pista deportiva durante media hora. 

O día 9 celebramos, coma cada curso, a festa do Entroido. Todos os cursos se disfrazaron con motivos relacionados co entorno, xa que o PDI anual é Coida a túa contorna. 

Apareceron abellas, xardineiros, insectos variados, espantallos... e tamén algúns pitiños.

Fixemos desfile e baile na pista despois do recreo.

 

Foi unha festa moi divertida.

 

CARNAVAIS de Bibliochicharrón Foz