A Biblioteca Pública de Lugo convocou, un ano máis, o "Certame de Narración e Debuxo Infantil - Letras Galegas 2026", que consta de dúas fases, a local e a provincial.
A temática escollida foi "Medrar lendo". Tratábase de contar eses momentos especiais nos que os libros foron os compañeiros dos nenos e nenas, axudándolles a entender o mundo, a sentirse acompañados e a imaxinar novos camiños.
Varios dos nosos alumnos resultaron premiados na categoría A da fase local e, polo tanto, participarán tamén na fase provincial.
DEBUXO:
1º premio: Jara García Fernández (2º de Primaria).
NARRACIÓN:
1º premio: Axel Pena Villares (2º de Primaria).
2º premio: Lucas Ladera Gómes (2º de Primaria).
3º premio: Amir Birgay (2º de Primaria).
PARABÉNS AOS CATRO!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario