12/21/2021

BO NADAL

 O CEIP Plurilingüe de Foz número 1, deséxalle bo Nadal a toda a comunidade educativa!

 

 

NADAL 2021 de Bibliochicharrón Foz

12/19/2021

Guía de lectura Nadal 2021

Un ano máis remata e chegan uns días de vacacións. Non é tempo de moito traballo escolar, nin de moito sair porque estaremos en pleno inverno e apetece a calorciña do fogar.

Dende a biblioteca queremos que non vos aburrades e propoñémosvos algo para ler, xogar e compartir en familia.

Que o pasedes ben e a ver se vos gusta o que vos suxerimos.

Bo Nadal

 

GUÍA DE LECTURA NADAL 2021 de Bibliochicharrón Foz

12/10/2021

DÍA DA DISCAPACIDADE

 No noso cole conmemoramos o Día da Discapacidade con diversas actividades:

- O alumnado de Infantil, seguindo o lema "Baixo o mesmo paraugas", elaboraron un fermoso mural.


- O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria, facendo alusión ao proxecto global de centro "A Música", traballou a discapacidade coñecendo músicos máis que "capacitados".


        E para rematar, cantamos "Eu teño alguén" empregando a linguaxe de signos e pictogramas.

Diseño de Bibliochicharrón Foz