Amosando publicacións coa etiqueta PDICoñezo e coido o meu entorno. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDICoñezo e coido o meu entorno. Amosar todas as publicacións

5/04/2024

EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXO

 O venres 3 de maio o alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria pasou unha xornada na Casa do Queixo en Sobrado dos Monxes onde realizou varios obradoiros e estivo en contacto directo co mundo rural aprendendo sobre diversos oficios tradicionais, animais e realizando rutas. 

Foi unha viaxe moi proveitosa na que o alumnado desfrutou moito .

 


 




4/23/2024

COÑECE E COIDA O TEU ENTORNO: FLORA E FAUNA

 A principios do segundo trimestre enviamos ás familias unha nota pedíndolles fotos de flora e/ou fauna da contorna para poder coñecela un pouco máis e así valorala e coidala.

A resposta que tivemos foi xenial, moitas fotos nos enviaron!!!!!.

Con elas decidimos montar un libro xigante coa axuda dos axudantes de biblioteca.

A continuación vémolos traballando e concentrados na labor.









Rematamos a montaxe do libro xigante coas fotos enviadas polas familias do noso alumnado.

Expoñémolo no recibidor do colexio. 

Quedou xenial, gústanos moito e pensamos na posibilidade de compartilo con outros centros da contorna.

 






 

3/19/2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8 DE MARZO

 O día 8 de marzo celebramos os logros das mulleres en todos os campos e tamén pedimos máis avances na igualdade entre elas e os homes.

No cole, conmemorámolo da seguinte maneira:

  • Fixemos un mural para o recibidor do cole con caras de mulleres recortadas de revistas, coa participación de todos.
  • Visitounos Chus, mamá de Carmela, alumna de 3º.,traballa na Consellería de Medio Rural, no servizo de incendios forestais. Falounos da flora e fauna do entorno, da necesidade de coidalo, da perigosidade dos incendios e da necesidade de evitalos.
  • Nas aulas fixéronse traballos para reflexionar sobre a igualdade.
  • En Plástica, os cursos de 3º, 4º 5º e 6º fixeron a flor de "A nosa muller máis importante". Estas flores forman parte do mural da entrada.
  • O alumnado de 5º e 6º elaborou o libro titulado "As nosas mulleres", onde se poden ver mulleres galegas que destacan pola súa profesión: cantantes, científicas, futbolistas...
  • Este mesmo alumnado fixo tarxetas con "lemas" a favor da igualdade, para un photocall.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8 DE MARZO de Bibliochicharrón Foz

3/12/2024

PLAN DIRECTOR

Hoxe, día 12 de marzo, visitounos un Garda Civil da unidade de SEPRONA. Falounos da Natureza, dos animais, das plantas, dos incendios, de como evitalos, da investigación e da necesidade de coidala.

Esta charla foi para 5º e 6º de Primaria e de unha hora de duración.

Estivo moi interesante.

 





2/15/2024

CARNAVAL 2024

 ISTO É FOZ E AQUÍ HAI CARNAVAL!!!!!!!!

Durante a semana do 5 de febreiro fixemos nas aulas antifaces, gorros, carautas e todo tipo de adornos relacionados co entroido para decorar o cole e para disfrazarnos nós.

Por xentileza de Cultura do Concello de Foz, o xoves 8 de febreiro visitounos a charanga Brassica Rapa. Bailamos e divertímonos na pista deportiva durante media hora. 

O día 9 celebramos, coma cada curso, a festa do Entroido. Todos os cursos se disfrazaron con motivos relacionados co entorno, xa que o PDI anual é Coida a túa contorna. 

Apareceron abellas, xardineiros, insectos variados, espantallos... e tamén algúns pitiños.

Fixemos desfile e baile na pista despois do recreo.

 

Foi unha festa moi divertida.

 

CARNAVAIS de Bibliochicharrón Foz

12/15/2023

VISITA AO MUSEO PROVINCIAL DO MAR

Por xentileza da ANPA, o venres, 15 de decembro, o alumnado de 1º e 2º de Primaria realizou unha visita guiada ao Museo Provincial do Mar de San Cibrao.

Para completar a xornada os rapaces de 1º gozaron dun tempo de lecer no parque e os de 2º pasearon e desprazáronse pola vila ata o faro de Punta Atalaia.

Resultou unha actividade moi interesante, polo seu carácter informativo, lúdico e de fomento da convivencia.