Amosando publicacións coa etiqueta medio ambiente. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta medio ambiente. Amosar todas as publicacións

6/11/2026

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 O Medio Ambiente é o entorno no que ten lugar o desenvolvemento dos diferentes organismos vivos e onde xorden interaccións entre eles.
Os organismos obteñen do Medio Ambiente todos os elementos que necesitan para vivir: aire, auga, refuxio, alimento e enerxía.
A ecoloxía é unha rama da Bioloxía que se encarga de estudar o Medio Ambiente e as diferentes relacións que xorden entre os seres vivos e o medio no que habitan.

Hoxe en día, o Medio ambiente vese afectado polo uso excesivo por parte dos seres humanos. É necesario que entre todos tratemos de coidalo e sandalo.
 
O pasado 5 de xuño conmemorouse o Día Mundial do Medio Ambiente establecido pola ONU co propósito de resaltar que a protección e o coidado do entorno natural son esenciais para o benestar humano e o progreso económico global.

Seguindo co traballo do PDI "Todos e todas pintamos algo", todo o alumnado, dende Infantil ata 6º de Primaria, colaborou na decoración de láminas e distintos carteis nos que aparecían accións que reflexaban a importancia de coidar o Medio Ambiente e a necesidade de levalas a cabo no noso día a día.

O alumnado de Primaria coloreou tamén varias láminas de pintores famosos que reproducían fermosas paisaxes ou flores e froitos naturais.

Este material serviu para unha posterior exposición no edificio administrativo do centro.
Para o alumnado de Infantil realizáronse crebacabezas con distinto número de pezas de cadros de pintores famosos - Van Gogh, Monet, Frida Kahlo, Joaquín Sorolla- para traballar nas súas aulas.




 
Fíxose tamén especial fincapé na regra das Tres Erres: Reducir, Reutilizar e Reciclar así como da necesidade de facer un bo uso dos distintos colectores - verde, amarelo ou azul.
O alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria participou nun xogo que consistía en situar ao pé do colector correspondente pequenos carteis con imaxes de diferentes produtos: residuos orgánicos, papeis, xornais, botellas de plástico, xoguetes, latas, caixas...

A dinámica do xogo era a seguinte:
  • Primeiro formábanse parellas. Un dos membros levaba na cabeza, suxeito nunha pantalla, unha imaxe dun produto que non podía ver (unha mazá, un vaso de cartón, unha lata...) e o outro membro tiña que colocalo preto do colector correcto.
  • Cando todas as imaxes dunha quenda estaban colocadas comprobábase se se fixera ben e comentábase o porqué do colector escollido: materia orgánica, envases ou papel. No caso de que resultara erróneo tiñan que corrixilo razoando a resposta.
Estas actividades teñen como fin que os nenos e nenas tomen conciencia da importancia das nosas accións para o coidado do planeta no que vivimos. 

























3/21/2022

O MUNDO DAS ABELLAS

O pasado venres 18 de marzo, os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria, tivemos unha visita moi especial. Marcos, o pai de Carla Rivas de 4º, aceptou a nosa invitación e veu darnos unha interesante charla sobre as abellas. 

Foi moi interesante!

Aprendemos moitísimo!!!



 

 

AS ABELLAS de Docobo

11/11/2019

OBRADOIRO: "A FÁBRICA DOS CORAZÓNS DE PAPEL RECICLADO"

O luns 4 de novembro, Anxo Moure, estivo co alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria para realizar un obradoiro titulado "A fábrica dos corazóns de papel reciclado".

Agradecer á ANPA do Centro a promoción desta actividade en xuño de 2019, a cal financiou a Secretaría Xeral de Igualdade.










6/04/2019

VISITA DOS GARDAS FORESTAIS

O pasado 3 de maio, viñeron polo Centro os Gardas Forestais a ensinarnos un montón de cousas. Na páxina web podedes ver fotos desta visita:

WEB DO CENTRO: VISITA DOS GARDAS FORESTAIS.

3/22/2018

DÍA DA ÁRBORE E DÍA DA POESÍA

O alumnado de Educación Infantil organizou as actividades para conmemorar o "Día da árbore" e o "Día da poesía".
Elaboraron un mural utilizando papel de periódico para facer o tronco e ramas dunha árbore. Previa a actividade diseñaron unhas plantillas de follas que repartiron polas distintas aulas de primaria para que os nenos escribisen poesías nelas.

O pasado 21 de marzo, cada curso despois do recreo, reuníronse por turnos co alumnado de Educación Infantil para ler os seus poemas e colgar as follas na árbore.












3/20/2018

15 DE MARZO - DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

O pasado 15 de marzo disfrutamos dunha sesión onde os rapaces de 4º de primaria expuxeron a todo o alumnado e profesorado do Centro distintas actividades en torno ao "Día mundial dos dereitos do consumidor".

As actividades realizadas foron as seguintes:

  • Presentación:
    • Por qué se celebra este día?
    • Dende cando?
  •  Dereitos dos consumidores.
  • Deberes dos consumidores.
  • A publicidade - técnicas.
  • Parodias de anuncios publicitarios:
    • Crema Verza.
    • Eau Espantallo.
  • Visionado do vídeo: "ultimatum evolutivo"
  • Canción do consumidor: "Consumo".