Amosando publicacións coa etiqueta colaboración con centros da contorna. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta colaboración con centros da contorna. Amosar todas as publicacións

6/11/2024

VISITA DO ALUMNADO DA ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL

 O venres, 7 de xuño, tivemos unha visita moi especial. Os nenos e nenas maiores da Escola Infantil, A Galiña azul, e as súas educadoras viñeron ao noso cole pasar dúas horas moi agradables con nós. Visitamos as aulas, a biblioteca, compartiron un ratiño co noso alumnado de Infantil nas súas aulas, merendaron con eles no comedor e xogaron todos xuntos no recreo. E grazas á axuda do voluntariado de nenas e nenas de 5º e 6º de Primaria.

Moitas grazas, moitos bicos e agardamos que gozaran moito eles tamén.

 
























5/28/2024

CONCERTO DA ESCOLA DE MÚSICA

 O día 28 de maio A Escola de Música ofreceunos un concerto na sala Bahía para facernos partícipes do seu traballo e fomentar o interese dos nenos e nenas en formar parte desa Escola. Alí acudimos todo o alumnado do Centro xunto coas súas mestras e mestres  de 10:00 a 11:00 da mañá. Escoitamos a súa música e bailamos tamén.

Gustounos moitíiisimo.

 







 












 



 

5/13/2024

VISITA Á ESCOLA INFANTIL GALIÑA AZUL

 O xoves 9 de maio o alumnado de 6º de Primaria visitou á rapazada da Escola Infantil. Alí xogaron, contaron contos, merendaron e compartiron actividades en grupos de 4 ou 5 persoas, rotando polos distintos espazos.

Foi un pracer visitalos e grazas por tan boa acollida.