11/04/2026

A MAXIA DO SAMAÍN

 Este curso, para conmemorar O SAMAÍN e enlazándoo co PDI do cole, decidimos investigar sobre diferentes personaxes fantásticos galegos relacionados co "MEDO".

Traballamos da seguinte maneira:

  • O alumnado de 5º de Primaria investigou sobre  A Estadea, A Santa Compaña, O Urco, A Coca, O Tordo, As Meigas... e elaborou un programa de radio coa información recollida.
  • As clase de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, dende Plástica, traballaron artísticamente os personaxes anteriormente mencionados e fixeron unha exposición polos corredores e escaleiras cos traballos realizados.
  • Elaboramos dous murais ilustrativos nos recibidores do cole e fixemos unha selección de lecturas.

Durante toda a semana a cabaza do mural deu os seus MANDADOS, para que cada día da semana o alumnado viñera disfrazado dun dos personaxes do SAMAÍN.

Diseño de José Luis Posada Fernández

11/02/2026

SAÍDA DE OUTONO

 O luns 26 de outubro, aproveitando o bo tempo de outono, o alumnado de 5º e 6º de Infantil, acompañados polos seus profes, fixeron unha pequena saída a un horto preto do cole para poder ver, tocar e desfrutar das froitas, árbores e pequenos animais do entorno.

Colleron mazás, kiwis, limóns... e gozaron de pisar as follas secas no campo.

Volveremos na primavera! 













10/29/2026

MAXIA

Para conmemorar O DÍA DAS BIBLIOTECAS, o 27 de outubro gozamos de dúas sesións de MAXIA a cargo do mago Aris Villarino.

GUSTOUNOS MOITO























10/23/2026

MANDADOS DE SAMAÍN


 Chegan os mandados de Samaín!!!

A vindeira semana imos celebrar o samaín dunha maneira moi especial, seguindo o fío do noso PDI deste curso: A maxia.

Ao longo da semana, chegarán os mandados de Samaín, que nos indicarán como debemos vir disfrazados/as ao cole cada día.

Haberá que estar moi atentos, porque cada día publicaremos o mandado correspondente ao día seguinte.

Hoxe descubrimos o primeiro mandado: o do luns!

Estade moi pendentes e preparade os vosos disfraces... A maxia está a piques de comezar!!






10/20/2026

CONTACONTOS: COCIÑANDO HISTORIAS DE IGUALDADE

O pasado venres, 16 de outubro a partir das 16:30, por xentileza da ANPA, o contacontos  HUGO deleitou ao público asistente con catro contos moi interesantes e cunhas cancións grupais.









10/07/2026

CASIÑAS DE CONTO

O día 1 de outubro o alumnado de 6º, o seu mestre e mestras foron visitar "As casiñas de conto" do proxecto  de vida, ensinanza, creatividade e ecoloxía que David Val está impulsando en Vilaxoane, Foz.

Ver Casiñas de conto

GUSTOUNOS MOITO, GRAZAS DAVID.



















9/09/2026

CURSO 2026-2027

Dende a BIBLIOTECA damos a BENVIDA  AO NOVO CURSO ESCOLAR.

Agardamos que faigades moito uso dela e que gocedes moito lendo.

BO CURSO

CURSO 2026-2027 de Bibliochicharrón Foz