4/01/2020

ARTE DENDE A MIÑA VENTÁ

 Hoxe, mércores 1 de abril, conmemórase o Día das Artes Galegas. Neste ano adícase á conmemoración a Domingo Antonio de Andrade. Foi un arquitecto español e principal promotor en Galicia con ideas moi inovadoras. Estudou na universidade de Santiago de Compostela. Unha das súas obras foi a Torre do reloxo da Catedral de Santiago de Compostela.

                                         Torre Berenguela. 











 Dende a biblioteca, queriamos propoñervos unha actividade, titulada...

"ARTE DENDE A MIÑA VENTÁ" 

O que vos propoñemos é que fagades unha foto dende a vosa ventá... tentando de facelo o máis "artístico" que se vos ocurra... podedes incluír algún elemento que teñades pola casa (libro antigo, algo dalgunha das vosas viaxes, unha antigüidade...) e enviala ao noso correo electrónico ceipdefozn1@gmail.com, para publicalo no blog.

Os profes de biblio tamén temos as nosas fotos!!!! Esperamos que vos gusten e que vos animedes a participar!!

#euquedonacasa #bescolaresabertas

                               Dende a ventá de Mari Paz... Obra de arte rural de aló por mediados do XIX.

                                Dende a ventá de Juan... Burelarte...

                                         Dende a ventá de Marisa... Círculos concéntricos...

                                Dende a ventá de Noelia... Casa Indiana da familia Vilalba.

                               Dende a ventá de Andrea... Beleza en ruinas. O feísmo tamén
                                                                                forma parte da nosa contorna. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario