Amosando publicacións coa etiqueta PDI todos pintamos algo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI todos pintamos algo. Amosar todas as publicacións

6/19/2026

FESTIVAL FIN DE CURSO

 Un curso máis remata e nós despedímolo de maneira especial:

  •  Un estupendo festival no que actuaron os seguintes cursos:

5º de Infantil escenificou a canción "Dime que fixeches".

6º de Infantil actuou coa peciña "Xa rematou Infantil".

2º de Primaria deleitounos con "A outra Carapuchiña".

6º de Primaria representou "Folga no museo Número 1". Esta obra é o derradeiro traballo relacionado co PDI "Neste cole todos e todas pintamos algo".

O mércores 17 de xuño actuaron para o alumnado e mestres e o xoves 19 para as familias.

GOZAMOS MOITÍSIMO!!! NORABOA PARA OS MESTRES, MESTRAS E ALUMNADO!!!































  • A graduación dos rapaces e rapazas de 6º de Primaria e do alumnado de 6º de Infantil.










  • Entrega de agasallos ao "Voluntariado lector".




BOAS VACACIÓNS E BO VERÁN!!!

6/11/2026

EXPOSICIÓN "TECENDO REDES: MIGRACIÓN, ARTE E LUGO"

 Onte, 10 de xuño, a meirande parte do alumnado do cole, acudiu ao CENIMA a gozar desta extraordinaria exposición.

Reúne propostas artísticas de Pedro Cantero, Alisa Smeirnova, Cris Bamio, Hanoi Vidal, Evelin Ruíz, Soila Jankowska e Juan Pablo Mastroianni. Todos eles emigrantes.

Esta exposición ofrece un espazo aberto á "participación, convivencia e diálogo" entre os autores e o público.

Esta oferta artística está impulsada pola Rede Museística Provincial xunto coa Asociación Rioplatenses de Lugo, no marco do proxecto Museo da Migración.

Alí acudimos en tres quendas e recibiunos Silvia. Fíxonos unha excelente explicación da exposición partindo da Historia dunha nena chamada Mia,  interactuando e dialogando co alumnado. 

Esta visita podemos encadrala dentro do traballo do PDI "Todos pintamos algo". Nós non colaboramos na súa elaboración, pero os artistas tiñan unhas características especiais e expoñían unha gran diversidade de traballos.

Gustounos moito!!! Grazas polo traballo!!!
























DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 O Medio Ambiente é o entorno no que ten lugar o desenvolvemento dos diferentes organismos vivos e onde xorden interaccións entre eles.
Os organismos obteñen do Medio Ambiente todos os elementos que necesitan para vivir: aire, auga, refuxio, alimento e enerxía.
A ecoloxía é unha rama da Bioloxía que se encarga de estudar o Medio Ambiente e as diferentes relacións que xorden entre os seres vivos e o medio no que habitan.

Hoxe en día, o Medio ambiente vese afectado polo uso excesivo por parte dos seres humanos. É necesario que entre todos tratemos de coidalo e sandalo.
 
O pasado 5 de xuño conmemorouse o Día Mundial do Medio Ambiente establecido pola ONU co propósito de resaltar que a protección e o coidado do entorno natural son esenciais para o benestar humano e o progreso económico global.

Seguindo co traballo do PDI "Todos e todas pintamos algo", todo o alumnado, dende Infantil ata 6º de Primaria, colaborou na decoración de láminas e distintos carteis nos que aparecían accións que reflexaban a importancia de coidar o Medio Ambiente e a necesidade de levalas a cabo no noso día a día.

O alumnado de Primaria coloreou tamén varias láminas de pintores famosos que reproducían fermosas paisaxes ou flores e froitos naturais.

Este material serviu para unha posterior exposición no edificio administrativo do centro.
Para o alumnado de Infantil realizáronse crebacabezas con distinto número de pezas de cadros de pintores famosos - Van Gogh, Monet, Frida Kahlo, Joaquín Sorolla- para traballar nas súas aulas.




 
Fíxose tamén especial fincapé na regra das Tres Erres: Reducir, Reutilizar e Reciclar así como da necesidade de facer un bo uso dos distintos colectores - verde, amarelo ou azul.
O alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria participou nun xogo que consistía en situar ao pé do colector correspondente pequenos carteis con imaxes de diferentes produtos: residuos orgánicos, papeis, xornais, botellas de plástico, xoguetes, latas, caixas...

A dinámica do xogo era a seguinte:
  • Primeiro formábanse parellas. Un dos membros levaba na cabeza, suxeito nunha pantalla, unha imaxe dun produto que non podía ver (unha mazá, un vaso de cartón, unha lata...) e o outro membro tiña que colocalo preto do colector correcto.
  • Cando todas as imaxes dunha quenda estaban colocadas comprobábase se se fixera ben e comentábase o porqué do colector escollido: materia orgánica, envases ou papel. No caso de que resultara erróneo tiñan que corrixilo razoando a resposta.
Estas actividades teñen como fin que os nenos e nenas tomen conciencia da importancia das nosas accións para o coidado do planeta no que vivimos. 

























6/01/2026

MUSEBOT: O MISTERIO DOS 7 MUSEOS E TEATRO

  •  Programa de "Biblioteca creativa"

Para rematar o traballo do PDI, na área de PC, Noelia e Jose xunto co alumnado de 5º, 6º divididos en sete grupos e coa colaboración de 3º e 4º de Primaria investigaron sobre os 7 museos, os sete autores e os sete cadros, deseñaron e montaron o MUSEBOT: O MISTERIO DOS 7 MUSEOS na aula de "polos creativos". 

É un xogo de mesa no que se despraza un escornabot despois de lanzaren un dado e seguindo a dirección axeitada para chegar á casiña elexida.

Segundo as ilustracións das casas onde caian teñen que resolver retos relacionados co espazo maker e robótica ou escoitar audios gravados polos rapaces de 5º e 6º para adiviñar de que museo se trata. O autor poderán descubrilo resolvendo un xeroglífico e descubrirán o cadro do autor a través dun código QR.

O obxectivo é chegar á casiña do final descubrindo os 7 museos, 7 pintores e e7 pinturas acadando un agasallo individual.

Por esta aula de "Polos creativos" todos os cursos pasaron xogar, por quendas e en dúas sesións, a última semana de maio e a primeira de xuño. 


investigando, deseñando... de Bibliochicharrón Foz

  • A derradeira actividade relacionada co PDI é a obra de teatro titulada "Folga no museo do Número 1", escrita e dirixida polo alumnado de 6º de Primaria, o seu titor e a mestra de Música.
Nela, as rapazas e rapaces representan 8 pintores cos seus respectivos 8 cadros.
Nesta obra, os cadros, de forma cómica, cobran vida e comezan a reclamar dereitos laborais.
Chegarán a un acordo?
Agardamos saír de dúbidas no festival de fin de curso o vindeiro 19 de xuño.

5/28/2026

OBRADOIRO DE BIBLIO CREATIVA

 O centro tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de imprenta creativa da man de Alouette Machine, unha proposta que recupera a técnica artesanal da impresión tradicional dunha maneira dinámica, participativa e manipulativa.

Durante dous días, todo o alumnado do cole foi pasando pola actividade en distintas quendas, coñecendo de preto o funcionamento da imprenta e experimentando co proceso de creación e composición.

Durante o obradoiro, os nenos e nenas elaboraron os seus propios carteis, combinando letras, tintas e creatividade nunha experiencia moi enriquecedora e diferente. 

QUEDAMOS ENCANTADOS!!! NORABOA POLA ACTIVIDADE!!!