Amosando publicacións coa etiqueta normalización lingüística. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta normalización lingüística. Amosar todas as publicacións

5/20/2025

LETRAS GALEGAS

AS CANTAREIRAS nas que a RAG personificou este ano a homenaxe do día das Letras Galegas son: Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). As coplas, as cantigas, toda a tradición oral, as gorxas destas mulleres e doutras moitas salvaron o Galego do inferno cando non se podía escribir.

Elas traballaban e cantaban sen cuestionar a súa fala, sen mallar nos pensamentos nin nos prexuízos. Eran sabias e sostiveron mellor que ninguén o país que somos. O galego necesita máis fala, máis vida na rúa, máis música, máis coplas, máis alegría e máis foliada que o empurre. Non hai vida se non hai lingua para cantar. 

Durante o mes de maio para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS fixemos varias actividades:

  • O alumnado de Infantil traballou as diferentes actividades propostas polo Seminario Galán.
  • O alumnado de 6º escribiu cantigas tradicionais e ilustrounas para expoñer no mural. Tamén leron as biografías das mulleres homenaxeadas e fixeron resumos das mesmas. Escoitaron variadas cantigas tradicionais. Fixeron unha escolma das actividades propostas polo Seminario Galán.
  • Na área de Plástica, as rapazas e rapaces de 4º, 5º e 6º elaboraron diferentes elementos relacionados coas cantareiras para pendurar do teito.

 


  • Montamos unha exposición recreando traxes, xoiería, instrumentos musicais...
    LETRAS GALEGAS 2025

 

  • Todo o alumnado do centro decorou marcadores de punto de lectura para repartir polas librarías locais e agasallar con eles a compra de libros. 

  • O día 16  reunímonos todo o colexio, no salón de actos:

Dúas nenas e un neno de 6º, "axudantes de biblioteca", presentaron o traballo documental sobre AS CANTAREIRAS.

VER AQUÍ  →  CANTAREIRAS

O grupo de cantareiras de Foz A SUBELA actuou no noso colexio.

 

 
 
  • No PFFP de Polos Creativos deseñaron coa cortadora laser uns imáns chulísimos para agasallar a todo o alumnado e mestres do cole.

 


 

2/15/2023

ANTROIDO 3

 O gañador de onte, martes, ao colar máis orixinal foi...

Ian, de 5 anos



Hoxe, mércores, tivemos uns pés moi adornados. Mirade:

ANTROIDO 3 de Bibliochicharrón Foz

Mañá  continuamos.

2/14/2023

ANTROIDO 2

 A gañadora de onte, luns, do adorno da cabeza máis bonito foi a seguinte: Dafne, de 6º B.

 

 

 

E estes son os adornos do martes: 


MARTES DE ANTROIDO de Bibliochicharrón Foz

Quen gañará hoxe? Ide pensando a ver se acertades.

12/06/2022

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

 O día 20 de novembro celebrouse o DÍA MUNDIAL DA INFANCIA e o alumnado de 6º de Infantil fixo este mural tan chulo.

Canto traballastes!!!!!!!


DÍA MUNDIAL DA INFANCIA de Bibliochicharrón Foz

6/30/2022

XORNAL "PAROLADAS"

 Aquí vai unha nova edición do noso xornal "PAROLADAS". 

Esperamos que vos guste!

Diseño de Montserrat Blanco Lorenzo

6/04/2021

Ledicia Costas

 O mércores 2 de xuño, a escritora Ledicia Costas visitou on line ao alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria.

Leron os libros "Escarlatina, a cociñeira defunta", "A señorita Buble", "Vampira de biblioteca" e algúns tamén "Os minimortos".

Ledicia Costas Álvarez é unha escritora viguesa autora dunha variada literatura infantil e xuvenil moi interesante.

Ten unha obra para adultos titulada "Infamia" que merece a pena lela.

Os rapaces gozaron moito con ela e fixéronlle unha manchea de preguntas.










Xela Arias

Os traballos realacionados coa escritora homenaxeada polas Letras Galegas continuaron en datas posteriores á semana do 17 de maio. En 4º B realizaron uns caderniños coas súas investigacións.  quedaronlles preciosos.


Xela Arias de Bibliochicharrón Foz

5/12/2021

LETRAS GALEGAS 2021

Este curso o Día das Letras Galegas non puidemos celebralo con peciñas de teatro para todo o alumnado e para as familias. Traballamos nas distintas aulas e deseñamos uns marcapáxinas para que cada neno ilustrara o seu facendo fincapé no cariño pola nosa lingua.



Aquí vai unha pequena mostra do bonitos que quedaron:








 







Estes marcapáxinas, repartímolos polas librarías de Foz para que agasallen con un deles a cada persoa que merque un libro.