Amosando publicacións coa etiqueta colaboración con entidades locais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta colaboración con entidades locais. Amosar todas as publicacións

6/11/2026

EXPOSICIÓN "TECENDO REDES: MIGRACIÓN, ARTE E LUGO"

 Onte, 10 de xuño, a meirande parte do alumnado do cole, acudiu ao CENIMA a gozar desta extraordinaria exposición.

Reúne propostas artísticas de Pedro Cantero, Alisa Smeirnova, Cris Bamio, Hanoi Vidal, Evelin Ruíz, Soila Jankowska e Juan Pablo Mastroianni. Todos eles emigrantes.

Esta exposición ofrece un espazo aberto á "participación, convivencia e diálogo" entre os autores e o público.

Esta oferta artística está impulsada pola Rede Museística Provincial xunto coa Asociación Rioplatenses de Lugo, no marco do proxecto Museo da Migración.

Alí acudimos en tres quendas e recibiunos Silvia. Fíxonos unha excelente explicación da exposición partindo da Historia dunha nena chamada Mia,  interactuando e dialogando co alumnado. 

Esta visita podemos encadrala dentro do traballo do PDI "Todos pintamos algo". Nós non colaboramos na súa elaboración, pero os artistas tiñan unhas características especiais e expoñían unha gran diversidade de traballos.

Gustounos moito!!! Grazas polo traballo!!!
























3/26/2026

CENIMA

 O martes 24 de marzo, os alumnos de 5º de Primaria foron ao CENIMA. Alí aprenderon  como funciona o ciclo da agua e os procesos de depuración e xestión de residuos, converténdose en científicos por un día.

Todo grazas a FACSA e ao Concello de Foz 

 Que ben o pasaron e canto aprenderon!!!
















VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

VISITA Á RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE

O día 7 de abril as rapazas e rapaces voluntarios na biblioteca escolar compartiron dúas horas coas persoas maiores da Residencia da terceira idade: xogaron ao parchís, fixeron puzles, falaron, colorearon, xogaron ás cartas...

PASARON UN TEMPO MOI AGRADABLE!!!










 VISITA Á ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL

O 24 de marzo o mesmo alumnado de 6º de Primaria, voluntarios na biblioteca escolar, fíxolle unha visita aos nenos e nenas da Escola Infantil A Galiña Azul. Alí xogaron con eles nas aulas e no patio, rotando por grupos nos diferentes espazos.

Tamén os invitaron a merendar.

GUSTOU MOITO A ÁMBALAS DÚAS PARTES!!!





5/25/2025

A PETANCA

A PETANCA é un deporte/xogo no que o obxectivo é lanzar bólas o máis preto posible dun boliche, lanzado anteriormente por un xogador, con ámbolos dous pés no chan, dentro dun aro e en posición estática.
O deporte na súa forma actual xurdiu en 1907 na Provenza francesa. Antigamente xa se xogaba unha versión primitiva con bólas de pedra. Levárona a Provenza soldados e mariñeiros romanos. O seu nome procede da expresión "pè(s) tancats" (pies juntos) en lengua provenzal. 
 
En Foz temos o clube de petanca PRAIA A RAPADOIRA e invitáronnos a xogar con eles e darnos a coñecer este deporte tan interesante.
 
O 15 de maio visitamos as pistas co alumnado de 5º de Primaria e o 23 cos rapaces e rapazas de 6º. Alí estaban dúas xogadoras e tres xogadores para iniciarnos nesta actividade.

    MOITAS GRAZAS AO CLUBE, GUSTOUNOS MOITÍSIMO!!!