3/23/2023

CONTOS NA HORA DE LER

 Desta vez as contadoras de contos foron Carmela, Ingrid e Kenya as que foron á aula de tres anos contarlles o conto "Chocolata".

Quedaron todos encantados.





3/21/2023

CONTOS NA BIBLIO

 Os días 20 e 21 de marzo, na sesión de "A hora de ler", Iria, Xiana e Ranya, coa colaboración de Cilia, Merce, Sara e Luz Aimar, escenificaron na biblio os contos "Dita y Dito van al médico" e "Te quiero abuelo" ao alumnado de Infantil.













Gustoulles moito a todos, tanto ao alumnado de Infantil como as rapazas de 6º.

Moitas grazas


3/09/2023

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER de varias maneiras:

  • O alumnado de Infantil compuxo un mural co lema AS NOSAS SUPER MULLERES, traballando o conto "Super Lola".
  • No edificio principal deseñamos un photocall para divertirnos facendo fotos e visibilizar a importancia da igualdade de dereitos entre homes e mulleres e da necesidade de compartir tarefas.
  • En colaboración co Concello, elaboramos por titorías cadanseu trapiño co material que nos levaron. O alumnado de 6º levouno á praza do Concello para que compuxeran un lazo xigante que se pode ver na debandita praza.

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER de Bibliochicharrón Foz

 Agardamos que vos guste.

3/02/2023

PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO: APLICACIÓNS

 O alumnado de quinto de primaria elaborou o programa de radio escolar co título de "Aplicacións". Esperamos que vos guste!


3/01/2023

OBRADOIRO DE CIENCIA

 Os días 28 de febreiro e 1 de marzo tivemos uns OBRADOIROS DE CIENCIA na biblioteca, cos científicos Amparo e Suso:

  • Taller water: a auga é a protagonista ... e cada neno levou o seu propio submarino.
  • Taller kids : xogaron con globos, confetti, carreiras de latas, cun fluído moi estraño que logo levaron...
  • O PLANETA TERRA: para concienciar aos rapaces da necesidade de coidar a casa de todos: O PANETA. Expuxeron os síntomas que padece o noso planeta, amosaron os distintos tipos de contaminación, como afecta aos dis tintos seres vivos, como se recicla... e as medidas que conducirán ao seu salvamento mediante a CONCIENCIACIÓN, RECICLAXE, AS ENERXÍAS RENOVABLES...

 Por eles pasou todo o alumnado do Centro en quendas de 90 minutos e cos seus experimentos e xogos pasárono xenial.

Quedaron encantados e levaron para as súas casas algún dos experimentos realizados.

CIENCIA NA BIBLIO de Bibliochicharrón Foz

2/26/2023

RECORDANDO A ROSALÍA

 





FESTA FINAL DO ENTROIDO

 O venres 17 de febreiro tivemos no cole unha gran festa de Antroido: batucada, música, baile, xogo...

PASÁMOLO MOI BEN

VEREDES:

VENRES 17:FESTA RACHADA de Bibliochicharrón Foz

2/16/2023

ANTROIDO 4

 De quen serían os pés máis orixinais de onte?

De Vera, de cuarto de Primaria!!!!!!!!


E hoxe... máis!!!!! 

Tocoulle á cintura!!!! Agardamos que vos guste.

ENTROIDO 4 de Bibliochicharrón Foz

O VENRES DISFRAZ LIBRE E FESTA RACHADA!!!!!!!

2/15/2023

ANTROIDO 3

 O gañador de onte, martes, ao colar máis orixinal foi...

Ian, de 5 anos



Hoxe, mércores, tivemos uns pés moi adornados. Mirade:

ANTROIDO 3 de Bibliochicharrón Foz

Mañá  continuamos.

2/14/2023

ANTROIDO 2

 A gañadora de onte, luns, do adorno da cabeza máis bonito foi a seguinte: Dafne, de 6º B.

 

 

 

E estes son os adornos do martes: 


MARTES DE ANTROIDO de Bibliochicharrón Foz

Quen gañará hoxe? Ide pensando a ver se acertades.

ANTROIDO 2023

Esta semana, do 13 ao 17 de febreiro, temos festa de Entroido no noso cole.

A continuación van os "mandados" do Meco para que nos vaiamos disfrazando pouco a pouco e rematar o venres 17 cunha gran festa no pavillón deportivo.

Sin título (297 × 210 mm) de ceipdefoznumero1 plurilingüe


O resultado do "mandado" do luns foi o seguinte: 

 









 

 


Están guapísimos.

Mañá máis.


1/31/2023

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

 Durante a última semana do mes de xaneiro o alumnado dos diferentes cursos realizou diferentes traballos para progresar na procura dun camiño de Paz.

O resultado dos traballos realizados foi o seguinte:

  • Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria traballaron co lema "XUNTOS POLA PAZ". Elaboraron un chulísimo mural.
  • Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º decoraron o debuxo das súas mans que expuxeron na subida das escaleiras as súas aulas. O lema foi "LA PAZ ESTÁ EN NUESTRAS MANOS".
  • A mestra de Plástica, coa colaboración do alumnado e de axudantes de biblioteca, fixo un mural dunha estupenda árbore elaborada con caras e corazóns. O lema é "DAMOS A CARA POLA PAZ" e a palabra PAZ en moitos idiomas.
  • O luns 30 de xaneiro todo o alumnado do cole, xunto co equipo docente, reunímonos no patio para conmemorar o Día da Paz bailando a coreografía da canción "¿Por qué no dar la mano?" de Hombres G. Aquí permanecemos un pouco máis de tempo bailando e gozando todos xuntos.
DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E NON VIOLENCIA de Bibliochicharrón Foz

1/30/2023

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL "SALGADO TOIMIL"

O día 20 de xaneiro o alumnado de Educación Infantil, acompañados dos seus mestres, visitaron a Biblioteca Municipal.

Alí recibiunos Marta, a bibliotecaria. Mostroulles contos en diferentes formatos, explicoulles como teñen os libros clasificados, como deberían coidalos e leulles "O polo Pepe".

Seguidamente manipularon diversos contos.

Gustoulles moito.

Grazas Marta pola túa atención.


INFANTIL NA BIBLIOTECA MUNICIPAL de Bibliochicharrón Foz