O día 20 de novembro conmemórase o DÍA MUNDIAL DA INFANCIA.
11/25/2026
DÍA MUNDIAL DA INFANCIA
11/20/2026
BOSQUES E LUGARES MÁXICOS DE GALICIA
Un progama que te sorprenderá e fará que viaxes por lugares máxicos e sitios que te levarán por completo a soñar...
11/19/2026
SERES MITOLÓXICOS
Novo programa de radio elaborado polo alumnado de quinto de primaria, nesta ocasión investigamos sobre o medo... seguindo o PDI de centro "A maxia" e atopándonos no tempo de Samaín... decidimos crear un programa que dese moito medooooo... 😱😱😱😱
Nel falamos de personaxes mitolóxicos da nosa comunidade. Esperamos que vos guste!!!
11/18/2026
AS AUGAS MÁXICAS DE GALICIA
Neste programa Celso, Ingrid, Sebas, Elias e Anwar imos contarvos sobre as augas máxicas de Galicia, seguindo o PDI do cole, que é a maxia.
Para demostrarvos que é moi interesante este programa, esperamos que vos guste!
CRIATURAS MÁXICAS DE GALICIA
Neste progama imos falar sobre as criaturas máxicas e mitolóxicas de Galicia e algunha lenda, agardamos que vos guste.
Feito por: Noel, Javi, Lázaro e Martín López.
11/04/2026
A MAXIA DO SAMAÍN
Este curso, para conmemorar O SAMAÍN e enlazándoo co PDI do cole, decidimos investigar sobre diferentes personaxes fantásticos galegos relacionados co "MEDO".
Traballamos da seguinte maneira:
- O alumnado de 5º de Primaria investigou sobre A Estadea, A Santa Compaña, O Urco, A Coca, O Tordo, As Meigas... e elaborou un programa de radio coa información recollida.
- As clase de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, dende Plástica, traballaron artísticamente os personaxes anteriormente mencionados e fixeron unha exposición polos corredores e escaleiras cos traballos realizados.
- Elaboramos dous murais ilustrativos nos recibidores do cole e fixemos unha selección de lecturas.
Durante toda a semana a cabaza do mural deu os seus MANDADOS, para que cada día da semana o alumnado viñera disfrazado dun dos personaxes do SAMAÍN.
11/02/2026
SAÍDA DE OUTONO
O luns 26 de outubro, aproveitando o bo tempo de outono, o alumnado de 5º e 6º de Infantil, acompañados polos seus profes, fixeron unha pequena saída a un horto preto do cole para poder ver, tocar e desfrutar das froitas, árbores e pequenos animais do entorno.
Colleron mazás, kiwis, limóns... e gozaron de pisar as follas secas no campo.
Volveremos na primavera!
10/29/2026
MAXIA
Para conmemorar O DÍA DAS BIBLIOTECAS, o 27 de outubro gozamos de dúas sesións de MAXIA a cargo do mago Aris Villarino.
GUSTOUNOS MOITO
10/23/2026
MANDADOS DE SAMAÍN
Chegan os mandados de Samaín!!!
A vindeira semana imos celebrar o samaín dunha maneira moi especial, seguindo o fío do noso PDI deste curso: A maxia.
Ao longo da semana, chegarán os mandados de Samaín, que nos indicarán como debemos vir disfrazados/as ao cole cada día.
Haberá que estar moi atentos, porque cada día publicaremos o mandado correspondente ao día seguinte.
Hoxe descubrimos o primeiro mandado: o do luns!
Estade moi pendentes e preparade os vosos disfraces... A maxia está a piques de comezar!!
10/20/2026
CONTACONTOS: COCIÑANDO HISTORIAS DE IGUALDADE
O pasado venres, 16 de outubro a partir das 16:30, por xentileza da ANPA, o contacontos HUGO deleitou ao público asistente con catro contos moi interesantes e cunhas cancións grupais.
10/07/2026
CASIÑAS DE CONTO
O día 1 de outubro o alumnado de 6º, o seu mestre e mestras foron visitar "As casiñas de conto" do proxecto de vida, ensinanza, creatividade e ecoloxía que David Val está impulsando en Vilaxoane, Foz.
Ver Casiñas de conto
GUSTOUNOS MOITO, GRAZAS DAVID.
9/09/2026
CURSO 2026-2027
6/19/2026
FESTIVAL FIN DE CURSO
Un curso máis remata e nós despedímolo de maneira especial:
- Un estupendo festival no que actuaron os seguintes cursos:
5º de Infantil escenificou a canción "Dime que fixeches".
6º de Infantil actuou coa peciña "Xa rematou Infantil".
2º de Primaria deleitounos con "A outra Carapuchiña".
6º de Primaria representou "Folga no museo Número 1". Esta obra é o derradeiro traballo relacionado co PDI "Neste cole todos e todas pintamos algo".
O mércores 17 de xuño actuaron para o alumnado e mestres e o xoves 19 para as familias.
GOZAMOS MOITÍSIMO!!! NORABOA PARA OS MESTRES, MESTRAS E ALUMNADO!!!
- A graduación dos rapaces e rapazas de 6º de Primaria e do alumnado de 6º de Infantil.
- Entrega de agasallos ao "Voluntariado lector".




.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)




.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)












.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)















.jpeg)
.jpeg)






