Amosando publicacións coa etiqueta robótica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta robótica. Amosar todas as publicacións

6/09/2023

OBRADOIRO - BIBLIOTECA CREATIVA

 Hoxe, venres 9 de xuño, tivemos a sorte de contar novamente con Paola Guimeráns na nosa biblio; especialista en aulas de inovación tecnolóxica, STEAM. Obradoiro que realizamos grazas á dotación económica recibida no centro pola participación no programa "Bibliotecas Creativas".

Nesta ocasión, formou á rapazada de quinto e sexto de primaria na introdución ao uso da placa "microbit", coas que esperamos contar para o curso que ben, aportando novos materiais ao noso "Espazo Maker". Tamén nos falou das aplicacións e uso desta placa, a creación de E-Téxtiles e moitas ideas que recollemos e utilizaremos.

Un pracer e unha honra contar coa súa presenza!






 


12/19/2022

A MULLER NA CIENCIA

 Durante o mes de novembro, para conmemorar o mes da Ciencia, estivemos recompilando información de mulleres que destacaron na  Ciencia, tamén daquelas que traballan e teñen titulacións relacionadas con este campo e son familiares dalgún membro da nosa Comunidade Educativa - nais, tías, avoas, fillas...

Con toda a información elaboramos un mural titulado "AS NOSAS MULLERES", un "ABECEDARIO" doutras mulleres destacadas e un "Panel de xogo" para os escornabots.

Esperamos que vos guste o seguinte video.

AS NOSAS MULLERES NA CIENCIA 

 E as fotos tamén






3/17/2020

RECREOS MAKER

Nos períodos de recreo, os nosos rapaces utilizan o "Espazo Maker" dende o mes de novembro. Anótanse libremente, establecendo así quendas para non colapsar o espazo, así como os materiais que poden empregar. Ademáis, contan con dous "monitores maker" (alumnado "axudnates de biblioteca" de quinto e sexto de primaria), organizados en turnos.
Nestes últimos meses xogaron co "Code & Go" un rato con moita gaña de comer queixo..., co robot de Lego "Wedo" e cos escornabots, empregando os paneis de xogo que os rapaces de cuarto e sexto de primaria elaboran na clase de robótica.
Tamén xogan con outros materiais manipulables como cubos de rubik, bola laberinto...






6/18/2019

DOC EN INFANTIL

No seguinte enlace podedes ver como o alumnado de infantil traballa robótica con DOC, un amigo moi especial...

DOC, O NOSO AMIGO ELECTRÓNICO

6/09/2019

RECREOS SCRACH

Nestas últimas semanas, tivemos varios recreos "Scrach". Previo á realización destes obradioiros, os nosos "Axudantes de Biblioteca" de sexto curso, encargáronse de promover e anotar a aqueles rapaces de Primaria que quixeron participar.

Os axudantes de biblioteca, recibiron anteriormente a estes recreos, unha sesión de formación para ser monitores nos obradoiros.

A actividade foi todo un éxito, cunha participación do 80% do alumnado de Primaria, onde aprenderon a programar manexando este programa.