Amosando publicacións coa etiqueta fomento da lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fomento da lectura. Amosar todas as publicacións

3/13/2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER:

O alumnado de Infantil colaborou para compoñer o mural conmemorativo. 

Traballouse con esta temática nas diferentes titorías.

Alumnado de 5º e 6º de Primaria participou no I Concurso de carteis 8 M, proposto pola Consellaría de Muller e Igualdade.

 


 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER de Bibliochicharrón Foz

 

 A ANPA, a tarde do 14 de marzo, agasallou aos asistentes, nenas, nenos e familias, cunha contacontos e un obradoiro a cargo da nai dunha alumna de 5º de Infantil.

Estivo xenial!!!














12/01/2024

FOMENTO DA LECTURA

 Para fomentar o gusto pola lectura, o día 22 de novembro, dous nenos de 3º de Primaria léronlles un conto ao alumnado de 2º. O venres 29 un neno de 3º e unha nena de 6º fixeron o mesmo pero ao alumnado de 1º.

Todos gozaron moito.








6/05/2024

FOMENTO DA LECTURA

 Continuamos co fomento da lectura na "hora de ler". Desta vez foi Martín de 6º de Primaria e "axudante de biblioteca" o encargado de contarlles dous contos ao alumnado de Infantil.

Gustáronlles moito.










5/15/2024

ESCENIFICACIÓN NA CASA DA CULTURA

 A Biblioteca Municipal invitou, o día 14 de maio, na casa da cultura, ao noso alumnado de 2º e 3º de Primaria a unha escenificación sobre a vida e obra de Luísa Villalta, escritora homenaxeada no día das Letras Galegas.

Moitas grazas.






5/14/2024

VISITA DE ANTÍA YÁÑEZ RODRÍGUEZ

O 13 de maio visitounos Antía Yáñez Rodríguez, escritora de Burela. Compartiu co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria unha sesión moi interesante. Leron o seu libro "Plan de rescate". Expuxeron os xeniais lapbooks elaborados, fixéronlle preguntas, conversaron e asinoulles os libros.

Gustoulles charlar con ela.

 

 



 
 










 

5/02/2024

FOMENTO DA LECTURA

 Hoxe, día 2 de maio, a mamá de Xulia de 4º de Infantil visitou na biblioteca ao alumnado máis peque do centro para contarlles o conto "A eiruga impaciente".

Todos estivemos moi atentos.

 







 

4/23/2024

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL

 A orixe da celebración do Día do Libro remóntase a 1926.

O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakaspeare, Garcilaso de la Vega. Por este motivo, esta data tan simbólica para a Literatura Universal escolleuna a UNESCO para homenaxear mundialmente o libro e os seus autores e alentar a todos, en particular aos mais novos, a descubrir o pracer pola lectura e respectar a contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

Nós, no cole, celebramos este Día cos "Apadriñamentos lectores". O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria elixen contos para lerlles, contarlles, teatralizarlles... aos nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria en diferentes espazos do colexio: patios, pavillón, biblioteca, recibidores... Os afillados, como agasallo, regálanlles aos padriños ou madriñas marcapáxinas  para que os recorden cando lean. 

Para rematar a xornada xogaron todos xuntos no patio.

Esta actividade gústalles moito.

DÍA DO LIBRO de Bibliochicharrón Foz

4/16/2024

FOMENTO DA LECTURA NAS AULAS

 Os nenos e nenas voluntarios de 5º e 6º de primaria durante o 1º e 2º trimestres e na hora de ler, prepararon contos para ir lelos e escenificalos ás aulas de Infantil e de Primaria. Seguidamente acompañábanos á Biblioteca para que leran, xogaran no espazo maker e emprestaran libros.

Gozan moito con esta actividade.