Amosando publicacións coa etiqueta Día internacional da muller traballadora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día internacional da muller traballadora. Amosar todas as publicacións

3/13/2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER:

O alumnado de Infantil colaborou para compoñer o mural conmemorativo. 

Traballouse con esta temática nas diferentes titorías.

Alumnado de 5º e 6º de Primaria participou no I Concurso de carteis 8 M, proposto pola Consellaría de Muller e Igualdade.

 


 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER de Bibliochicharrón Foz

 

 A ANPA, a tarde do 14 de marzo, agasallou aos asistentes, nenas, nenos e familias, cunha contacontos e un obradoiro a cargo da nai dunha alumna de 5º de Infantil.

Estivo xenial!!!














3/09/2020

8M

Dende o noso Centro contribuímos neste 8 de marzo na visualización do papel da muller na sociedade. Nesta ocasión, os rapaces de quinto de primaria, interpretaron unha pequena obra de teatro, onde expuxeron diversas situacións cotiás nas que a muller está en inferioridade con respecto ao home (salarios, tarefas domésticas, coidado dos fillos...), con diferentes acompañamentos musicais.















3/26/2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Nesta ocasión foi o alumnado de 1º de Primaria, o encargado de preparar unha exposición para conmemorar este día.
Coma sempre, reunímnos todo o centro na biblioteca esperando ver que nos tiñan preparado os nosos compañeiros.

En primeiro lugar os alumnos leron diversos textos sobre a orixe e os motivos para escoller a data do 8 de marzo, o significado do lazo morado, as leis universais sobre a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, a situación actual das mulleres e das nenas en distintos lugares do mundo e a necesidade de acutar xuntos día a día e dende a infancia, na familia e na escola, para construír unha sociedade igualitaria e xusta.

A continuación dramatizaron o conto "Eu vou comigo" de Raquel Díaz Reguera. esta historia é unha chamada á necesidade de ser nós mesmos, de non cambiar con tal de agradar ao mundo ou a unha persoa en concreto, de querernos e valorarnos tal e como somos, cos nosos defectos e as nosas virtudes.

Seguidamente recitaron o poema "Soños para vivir" de Mónica Inés Varela Gestoso, unha invitación a ler, a gozar da natureza, do amor e da vida.

Por último, e tras agradecerlle ao público - profesorado e alumnado -  a súa sistencia, os alumnos pecharon a súa actuación coa canción "Hoy toca ser feliz" de Mago de Oz, animándonos así  a crer en nós mesmos e a pensar que podemos conseguir o que queiramos.


Ademaís deste acto, o Equipo de Biblioteca, organizou un photocall na entrada do centro. Días previos á conmemoración, foron pasando todos os cursos para facer unhas fotos moi divertidas. Posteriormente foron pegadas no photocall quedando un precioso mural.
En varias aulas elaboraron diferentes traballos que expuxeron nos corredores do centro.