O pasado 13 de abril, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun interesante obradoiro de radio na biblio da man de Damián Alonso, actor de dobraxe, pertencente ao proxecto Ponte... nas Ondas!
Durante a actividade, os nenos e nenas traballaron aspectos relacionados coa comunicación oral, como a dicción, a entoación e a lectura expresiva de textos, realizando tamén pequenas gravacións radiofónicas.
Foi unha experiencia moi enriquecedora e motivadora, na que o alumnado puido achegarse ao mundo da radio de maneira práctica e divertida.

.jpeg)

.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario