3/10/2026

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8 DE MARZO

 Para conmemorarmos O 8 DE MARZO fixemos o seguinte:

* Traballos nas aulas.

* Mural no edificio de Infantil e 1º Ciclo de Primaria coa colaboración dese alumnado.

* 3º Ciclo de Primaria investigou e compuxo unha exposición interactiva, informando sobre a vida e obra de nove pintoras.

Para iso, empregaron os recursos da aula de Polos (impresora 3D, cortadora laser, placas makey makey, bolis 3D...)

O día 9 de marzo, cada grupo explicou a un curso, por quendas, o seu traballo  e seguidamente xogaron con eles ao Memory e co robot Matatalab. Ámbolos dous xogos estaban relacionados coa temática "Mulleres pintoras".








































Ningún comentario:

Publicar un comentario