2/10/2025

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ, recoñecido pola UNESCO en 1993, levando como lema "AMOR UNIVERSAL, NON VIOLENCIA E PAZ".

  • No cole o 30 de xaneiro, celebrámolo de varias maneiras: Ás 9:00 todos reunidos no patio cuberto, os mestres e mestras fixemos unha pequena escenificación de "discusións" por diversos motivos para visualizar como eles se comportan ás veces. Rematamos aclarándollelo todo.


  • Na titoría de 4º curso de Primaria estaban traballando "A dieta e os menús saudables". Ésta data fíxolles pensar se hai  ingredientes importantes para vivir en PAZ e compuxeron este mural:


 

  • Traballaron por aulas para compoñer as seguintes exposicións:






  • Lecturas solidarias pola PAZ: os nenos e nenas axudantes de biblioteca repartíronse en parellas ou en tríos para contar un conto por curso, na hora de ler.

Gustoulles moito a todos.











 






INNOVART 25

O xoves 6 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria viaxou a Santiago.

Pola mañá, de 12:00 a 13:00h, visitou o Parlamento. Alí, un guía levounos polas distintas salas explicándolles a súa historia.

Xantaron na Alameda.

Pola tarde, ás 17:00h, visitaron a exposición INNOVART'25 situada nun dos edificios do Gaiás e participaron en diferentes talleres.

Regresaron a Foz ás 21:00h. 

Pasaron un día xenial!!!





 
 

 
 

 
 




 

2/04/2025

GALICIA SABE AMAR

 Dentro da campaña da Xunta de Galicia "GALICIA SABE AMAR", hoxe día 4 de febreiro visitounos unha food truck para intentar concienciarnos da importancia de consumir produtos que veñen do mar. Pola charla e degustación pasou todo o alumnado e profesorado do cole.

Agasalláronnos con dous pinchos para cada un: mexillón e croqueta de choco.

Estaban riquísimos!!! 















1/30/2025

DEBUXANDO O NADAL

No "XX Concurso de postais de Nadal 2024" convocado pola Biblioteca Pública Municipal de Foz, resultou agraciada co 3º premio da categoría Primaria A a alumna de 2º de Primaria Marina De Paz Fernández.   

A entrega de premios tivo lugar o pasado 30 de xaneiro no Salón de Actos da Casa da Cultura.

No XLIX Certame de Debuxo Infantil sobre "O Nadal" convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte resultaron agraciadas dúas alumnas do noso centro:

1º premio: Jara García Fernández (1º Primaria)

2º premio: Abril Niñe González (2º de Primaria).

A entrega de premios terá lugar o día 1 de febreiro no devandito Centro Cultural de Begonte.

Debuxos de Abril e Jara:


PARABÉNS ÁS TRES ALUMNAS PREMIADAS!!!!!







12/21/2024

FESTIVAL DE NADAL

 Para rematar o primeiro trimestre, celebramos un pequeno festival.

Nel actuaron os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Infantil cun baile titulado "Desexos polo Nadal".

Seguidamente, o alumnado de 6º de Primaria escenificou a obra titulada "Problemas en oriente".

O teatro rematou coa actuación das nenas e nenos de 4º de Primaria e a peciña titulada "Parodia polo Nadal".

Agardamos que vos gustara e pasarades un rato agradable.