Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ, recoñecido pola UNESCO en 1993, levando como lema "AMOR UNIVERSAL, NON VIOLENCIA E PAZ".
- No cole o 30 de xaneiro, celebrámolo de varias maneiras: Ás 9:00 todos reunidos no patio cuberto, os mestres e mestras fixemos unha pequena escenificación de "discusións" por diversos motivos para visualizar como eles se comportan ás veces. Rematamos aclarándollelo todo.
- Na titoría de 4º curso de Primaria estaban traballando "A dieta e os menús saudables". Ésta data fíxolles pensar se hai ingredientes importantes para vivir en PAZ e compuxeron este mural:
- Traballaron por aulas para compoñer as seguintes exposicións:
- Lecturas solidarias pola PAZ: os nenos e nenas axudantes de biblioteca repartíronse en parellas ou en tríos para contar un conto por curso, na hora de ler.
Gustoulles moito a todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario