E, para rematar o curso, propuxemos este divertido xogo no que hai que recoñecer aos nosos mestres de pequenos. E ti... serás capaz?. Inténtao, haberá agasallos para os gañadores.
E, para rematar o curso, propuxemos este divertido xogo no que hai que recoñecer aos nosos mestres de pequenos. E ti... serás capaz?. Inténtao, haberá agasallos para os gañadores.
O alumnado de 4º de Infantil, 1º, 2º e 6º de Primaria foi o encargado de agasallarnos co FESTIVAL DE FIN DE CURSO cunhas excelentes interpretacións.
O mércores día 12, actuaron para a xente do cole e o xoves 13 fixérono para as súas familias.
FOI UN PRACER VELOS
O venres, 7 de xuño, tivemos unha visita moi especial. Os nenos e nenas maiores da Escola Infantil, A Galiña azul, e as súas educadoras viñeron ao noso cole pasar dúas horas moi agradables con nós. Visitamos as aulas, a biblioteca, compartiron un ratiño co noso alumnado de Infantil nas súas aulas, merendaron con eles no comedor e xogaron todos xuntos no recreo. E grazas á axuda do voluntariado de nenas e nenas de 5º e 6º de Primaria.
Moitas grazas, moitos bicos e agardamos que gozaran moito eles tamén.