6/11/2024

VISITA DO ALUMNADO DA ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL

 O venres, 7 de xuño, tivemos unha visita moi especial. Os nenos e nenas maiores da Escola Infantil, A Galiña azul, e as súas educadoras viñeron ao noso cole pasar dúas horas moi agradables con nós. Visitamos as aulas, a biblioteca, compartiron un ratiño co noso alumnado de Infantil nas súas aulas, merendaron con eles no comedor e xogaron todos xuntos no recreo. E grazas á axuda do voluntariado de nenas e nenas de 5º e 6º de Primaria.

Moitas grazas, moitos bicos e agardamos que gozaran moito eles tamén.

 
























Ningún comentario:

Publicar un comentario