5/07/2024

COÑEZO E COIDO A CONTORNA: AS PLANTAS AROMÁTICAS

 O alumnado de 3º, 4, 5º e 6º de Primaria buscou información sobre as plantas aromáticas e con ela elaborou a seguinte información.

Partimos duns "palets" adaptados polo pai dun compañeiro para colocar as plantas adqueridas ou obtidas no horto. 

 






O alumnado de 6º de Primaria traballa no CANVA:

 

Cilantro de Martin Doce Moiron

 

trabajo menta chocolata de Raquel Pérez Pérez

 

Hierba Luisa de Paula Campo López

 

Publicación de Instagram de Motivación Diaria de Zara Murillo

 

OUREGO de Eneko Dovale Pérez


 

E como fin de Proxecto estes cursos expuxeron os traballos no seguinte mural:





A semana do 21 ao 24 de maio, de 9:05 a 9:30 e de 13:30 a 13:50, as familias que puideron podían pasar ao cole e visitar as exposición dos traballos realizados e relacionados co PDI anual "Coñece e coida a contorna". 


Agardamos que vos gustaran os traballos realizados.


5/04/2024

EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXO

 O venres 3 de maio o alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria pasou unha xornada na Casa do Queixo en Sobrado dos Monxes onde realizou varios obradoiros e estivo en contacto directo co mundo rural aprendendo sobre diversos oficios tradicionais, animais e realizando rutas. 

Foi unha viaxe moi proveitosa na que o alumnado desfrutou moito .

 


 




5/02/2024

FOMENTO DA LECTURA

 Hoxe, día 2 de maio, a mamá de Xulia de 4º de Infantil visitou na biblioteca ao alumnado máis peque do centro para contarlles o conto "A eiruga impaciente".

Todos estivemos moi atentos.

 







 

4/26/2024

COÑEZO E COIDO A MIÑA CONTORNA: O HORTO ESCOLAR

 O alumnado de Infantil coida entusiasmado o horto escolar e as eirugas.


O HORTO ESCOLAR de Bibliochicharrón Foz

 

 Os de 6º tamén:



 E os de 3º e 4º...






E os de 2º tamén traballaron:

  • Actividades de reprodución dun arbusto -o romeu- mediante esgallos:  



  • Obxectivo conseguido!!!!!! os esgallos prenderon:

  • Cabaciñas que sementaron:

  • Sementando lavanda:
     A semana do 21 ao 24 de maio, de 9:05 a 9:30 e de 13:30 a 13:50, as familias que puideron podían pasar ao cole e visitar as exposición dos traballos realizados e relacionados co PDI anual "Coñece e coida a contorna".                  AGARDAMOS QUE VOS GUSTARAN OS TRABALLOS REALIZADOS.

COLABORACIÓN CON CENTROS DA CONTORNA: IES DE FOZ

Hoxe, 26 de abril, visitounos un grupo de rapaces e rapazas, algúns exalumnos e exalumnas,  do IES de Foz dirixidos pola súa profe de Música,  para deleitar ao noso alumnado cun concerto teatralizado.

Gustounos moito.

Moitas grazas.












4/23/2024

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL

 A orixe da celebración do Día do Libro remóntase a 1926.

O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakaspeare, Garcilaso de la Vega. Por este motivo, esta data tan simbólica para a Literatura Universal escolleuna a UNESCO para homenaxear mundialmente o libro e os seus autores e alentar a todos, en particular aos mais novos, a descubrir o pracer pola lectura e respectar a contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

Nós, no cole, celebramos este Día cos "Apadriñamentos lectores". O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria elixen contos para lerlles, contarlles, teatralizarlles... aos nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria en diferentes espazos do colexio: patios, pavillón, biblioteca, recibidores... Os afillados, como agasallo, regálanlles aos padriños ou madriñas marcapáxinas  para que os recorden cando lean. 

Para rematar a xornada xogaron todos xuntos no patio.

Esta actividade gústalles moito.

DÍA DO LIBRO de Bibliochicharrón Foz

COÑECE E COIDA O TEU ENTORNO: FLORA E FAUNA

 A principios do segundo trimestre enviamos ás familias unha nota pedíndolles fotos de flora e/ou fauna da contorna para poder coñecela un pouco máis e así valorala e coidala.

A resposta que tivemos foi xenial, moitas fotos nos enviaron!!!!!.

Con elas decidimos montar un libro xigante coa axuda dos axudantes de biblioteca.

A continuación vémolos traballando e concentrados na labor.









Rematamos a montaxe do libro xigante coas fotos enviadas polas familias do noso alumnado.

Expoñémolo no recibidor do colexio. 

Quedou xenial, gústanos moito e pensamos na posibilidade de compartilo con outros centros da contorna.