A orixe da celebración do Día do Libro remóntase a 1926.
O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakaspeare, Garcilaso de la Vega. Por este motivo, esta data tan simbólica para a Literatura Universal escolleuna a UNESCO para homenaxear mundialmente o libro e os seus autores e alentar a todos, en particular aos mais novos, a descubrir o pracer pola lectura e respectar a contribución dos creadores ao progreso social e cultural.
Nós, no cole, celebramos este Día cos "Apadriñamentos lectores". O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria elixen contos para lerlles, contarlles, teatralizarlles... aos nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria en diferentes espazos do colexio: patios, pavillón, biblioteca, recibidores... Os afillados, como agasallo, regálanlles aos padriños ou madriñas marcapáxinas para que os recorden cando lean.
Para rematar a xornada xogaron todos xuntos no patio.
Esta actividade gústalles moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario