Unha nova maleta viaxeira de Bibliotecas Escolares de Galicia, "Poesía Primaria", chega ao cole e permanecerá entre nós un mes.
Agardamos que vos animedes a ler.
Unha nova maleta viaxeira de Bibliotecas Escolares de Galicia, "Poesía Primaria", chega ao cole e permanecerá entre nós un mes.
Agardamos que vos animedes a ler.
Co gallo da conmemoración do día de Europa, na aula de sexto preparamos esta presentación, e dous retos para que vos animedes a coñecer un pouco máis a Unión Europea.
Esperemos que vos guste e resulte divertido.
O "Día Internacional del Libro" celébrase cada 23 de abril desde 1930 en España. Escolleuse esta data clave porque estaba relacionada co ámbito literario. Foi o día no que morreron Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e Garcilaso de la Vega, no ano 1616.
Cada titor celebrouno nas súas aulas e tamén fixemos a nivel xeral os "Apadiñamentos lectores". Íamolo facer o dia 22 de abril na Rapadoira e na súa contorna, pero por mor do mal tempo, tivémolo que adiar ata os días 5 e 6 de maio. O alumnado de sexto dividiuse en parellas ou grupiños de tres ou catro persoas. Cada un elixiu un curso de Primaria, buscaron contos axeitados, idearon xogos e elixiron un espazo no patio para pasar unha hora cos seus "Apadriñados", lendo libros e xogando. O alumnado de Infantil tamén saiu ao parque Branco a celebralo, escoitando contos que lles contaron rapaces de 6º curso.
Quedou unha actividade moi bonita.
Noraboa aos rapaces e rapazas de 6º, grandes narradores de historias!!!!!
Aquí vai un novo programa de "Chicharriños nas Ondas". Nesta ocasión o alumnado de 5ºB, preparou un programa no que fala do deporte.
Música Internacional
En relación co PDI anual, A Música, traballamos a Música Internacional presentada por pais ou nais de alumnos de outros países.
A continuación deixamos enlace á Música de Filipinas presentada por Nicole, lectora de Inglés e filipina.
E á Música China tamén, presentada pola mamá de Yiyi
E unhas fotos
O xornal O Progreso enviou ao cole un montón de exemplares e repartímolos entre as aulas para traballar con eles na Semana da prensa.
Éste é o resultado acadado:
Quen é quen?
5º A e 5º B, en plástica, tamén traballaron para a conmemoración do Día da Muller. Así, cada un fixo o retrato dun muller importante para el.
O resultado é o mural que podedes ver a continuación.
É moi orixinal e chulo. Espero que vos guste.