O "Día Internacional del Libro" celébrase cada 23 de abril desde 1930 en España. Escolleuse esta data clave porque estaba relacionada co ámbito literario. Foi o día no que morreron Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e Garcilaso de la Vega, no ano 1616.
Cada titor celebrouno nas súas aulas e tamén fixemos a nivel xeral os "Apadiñamentos lectores". Íamolo facer o dia 22 de abril na Rapadoira e na súa contorna, pero por mor do mal tempo, tivémolo que adiar ata os días 5 e 6 de maio. O alumnado de sexto dividiuse en parellas ou grupiños de tres ou catro persoas. Cada un elixiu un curso de Primaria, buscaron contos axeitados, idearon xogos e elixiron un espazo no patio para pasar unha hora cos seus "Apadriñados", lendo libros e xogando. O alumnado de Infantil tamén saiu ao parque Branco a celebralo, escoitando contos que lles contaron rapaces de 6º curso.
Quedou unha actividade moi bonita.
Noraboa aos rapaces e rapazas de 6º, grandes narradores de historias!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario