3/20/2017

CONTACONTOS ANAYA: IAGO LÓPEZ

A Editorial Anaya, o venres 17 de marzo, obsequiounos, na nosa biblio, con dúas sesións de contacontos para o alumnado de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.

O conto escenificado foi "O cociñeiro Martiño". Para a súa posta en escea pediu a colaboración de alumnos volutarios dos diferentes cursos.
Gustoulles moito!











3/14/2017

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

No seguinte enlace á sección de biblioteca na web do centro, podes consultar as novidades que temos na bilbioteca.

Boas lecturas!!

Sección de novas da biblioteca na web do centro - Novidades marzo 2017

8 DE MARZO - DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Este ano, foron os rapaces de 1º e 2º de primaria, os encargados de agasallarnos cunhas fantásticas actuacións para conmemorar o "Día internacional da muller traballadora".

As actuacións foron as seguintes:
  • Os nenos de 1º curso léronnos e escenificaron o conto "Maruxa" da editorial OQO.
  • Os dous cursos xuntos recitaron unha poesía adicada "á nai".
  • Escoitamos das voces dos nenos de 2º curso o conto "A derradeira Cincenta".
  • Todos xuntos cantaron a canción "De colores" de Joan Báez.


































ENTROIDO 2017

O pasado venres, 24 de febreiro, celebramos o entroido no noso cole. No seguinte enlace podedes acceder á páxina web do centro para ver a nova e a galería de imaxes.

Web do centro - Entroido 2017

EXCURSIÓN Á ESTACIÓN INVERNAL DE SAN ISIDRO

Os pasados 20, 21 e 22 de febreiro, alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria disfrutaron dunha gran excursión á estación invernal de San Isidro, organizada polo centro en colaboración coa ANPA.

Na páxina web do centro podedes ver a nova sobre a saída así coma unha reportaxe fotografica.

Enlace á web - "Excursión Semana Branca"

3/03/2017

RECREOS MUSICAIS

Para rematar as actuacións musicais da primeira serie de recreos lúdicos tivemos o pasado 16 de febreiro, a uns grandes artistas dandoo todo no escenario:

  • Bruno de 5º de primaria interpretou unha peza co saxo.
  • Mariña de 4º de primaria deleitounos cunha peza de piano.
  • Carolina, Esmeyli, Lara, Lucía e Ainhoa de 2º de primaria cantaron a canción " Andas en mi cabeza".
  • Ainhara, Sofía Rodil e Antía Paz de 4º de primaria cantaron e coreografiaron a canción "Esta noche yo quiero bailar".
Estes recreos musicais foron moi ben acollido polo alumnado tanto para os intérpretes como para o público que acudiu á biblioteca velos.