3/14/2017

8 DE MARZO - DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Este ano, foron os rapaces de 1º e 2º de primaria, os encargados de agasallarnos cunhas fantásticas actuacións para conmemorar o "Día internacional da muller traballadora".

As actuacións foron as seguintes:
  • Os nenos de 1º curso léronnos e escenificaron o conto "Maruxa" da editorial OQO.
  • Os dous cursos xuntos recitaron unha poesía adicada "á nai".
  • Escoitamos das voces dos nenos de 2º curso o conto "A derradeira Cincenta".
  • Todos xuntos cantaron a canción "De colores" de Joan Báez.


































Ningún comentario:

Publicar un comentario